As liñas prioritarias de actuación do FEAE

Promover a reflexión e creación de significados compartidos sobre a educación do século XXI. ▪ Establecer intercambios bilaterais e multilaterais a nivel autonómico, estatal e europeo ▪ Crear relacións e lazos persoais entre os seus membros ▪ Compartir e incrementar novos coñecementos profesionais

Cales son as actividades que realizamos?

Ceas–coloquio e Work-café: Nunha ou máis ocasións ao longo do curso escolar reunímonos arredor de temas de actualidade para debater as propostas que sobre o mesmo nos presentan relatores de prestixio.

Quen formamos o FEAE?

Profesionais da educación de cada país: profesorado, membros da inspección educativa, membros de equipos directivos, asesores e asesoras,…etc

Que vantaxes ten ser socio?

• Participar en todos os encontros e foros para a reflexión educativa que o FEAE organiza en Galicia. • Coñecer de antemán as propostas e novidades que se dan no sistema educativo galego, do estado e europeo. • Responder ás demandas de asesoramento sobre cuestións educativas que diversas Administracións realizan ao FEAE europeo. • Recibir no domicilio a revista “OGE” e o acceso á mesma a través da páxina web (www.feae.eu). • Elaborar artigos para ser publicados nesta revista.

viernes, 12 de julio de 2019

Un conto para finalizar o curso




O pasado 4 de xullo  un bó numero de socios de FEAE Galicia disfrutamos xunto con outros compañeiros e compañeiras das historias de vida de Sole Felloza.
Historias amables, cotiás e divertidas onde o oficio de ensinar aparecía en diferentes relatos: coas familias hirperprotectoras, na vida e nos contos da "señora Lola" e nas múltiples anécdotas que cpmpartio connosco.
Unha cea fraternal onde o ambiente era tan grato que casi nos tiveron que desaloxar para que saíramos da Facultade de Ciencias da Educación, onde se celebrou o evento.
Un espazo de encontro para finalizar un curso longo e iniciar proxectos para o próximo.

 Durante o curso 18/19 ,desenvolvemos tres work-cafés dirixidos a tres bloques que nos parecen  de  sumo interese para os profesionais da educación:
1-Compartir experiencias innovadoras e inspiradoras  como as que nos mostraron Montse Sancho, Begoña Codessl e Xosé Viñas en cada  unha das etapas educativas.
2-  Entrar na necesaria reflexión didáctica  e innovación permanente ao coñecer metodoloxias  como a de "Aula a 2" con Jesús Garrido. 
3-  E abrir as portas dos nosos centros a través de proxecctos europeos da  mán de Celina  Santamaria do CFR da Coruña e dos compañeiros do IES David Buján.

Para o novo curso, nos primeiros días de setembro, enviaremos unha enquisa para coñecer as expectativas dos asociados e asistentes habituais aos work- cafés para elaborar unha programación axustada aos seus intereses.

Grazas  a Sole Felloza  por axudarnos a elaborar un bonito conto de fin de curso no que compartimos emocións, desexos e alegría .

Bo verán!

martes, 4 de junio de 2019

CEA COLOQUIO 4 DE XULLO



O 4 de xullo, xoves, remataremos o curso cunha cea coloquio na que nos gustaría atoparnos con todos os asociados e simpatizantes de FEAE Galicia.

Será na facultade de ciencias da educación da Universidade de A Coruña e dará inicio ás 8 da tarde

O coloquio estará dinamizado por Soledad Felloza, actriz, escritora, dramaturga e directora do Festival Internacional de Narración Oral Atlántica, que seguro contribuirá coa súa exposición a facernos pasar unha agradable velada.

Queremos que esta cea sexa unha ocasión propicia para vernos todos os amigos e simpatizantes de FEAE e aproveitar a oportunidade de disfrutar xuntos, dialogar e compartir as nosas experiencias, alegrías e cuitas. Contamos coa vosa presencia e a de aquelas amizades ás que querades invitar.

O custe da cea é de 20 euros. Non será necesario facer o pago previo pero sí é imprescindible notificar a vosa asistencia no correo feaegalicia@gmail.com.

 O prazo límite para apuntarse será o 30 de xuño.

sábado, 6 de abril de 2019

GALERIA DE IMAXES DO PRIMEIRO ENCONTRO TRANSCANTÁBRICO EN COMILLAS

jueves, 21 de marzo de 2019

Boletín de inscrición


viernes, 8 de marzo de 2019

PRIMEIRO ENCONTRO TRANSCANTÁBRICO

Os días 29 e 30 de marzo os foros de Galicia, Asturias, Cantabria e País Vasco celebraremos o primeiro encontro transcantábrico.
No marco incomparable do edificio da antigua Universidade Pontificia de Comillas debatiremos e compartiremos experiencias sobre "La transformación de los centros educativos"




jueves, 7 de marzo de 2019

JUNTA GENERAL EN BILBAO

O último fin de semana de febreiro celebrouse en Portugalete, Bilbao, a reunión da "Junta General de FEAE", magníficamente organizada polos compañeiros do foro do País Vasco, a quen agradecemos a súa calurosa acollida. Ademáis do sempre grato encontro cos compañeiros dos outros foros tamén tivemos oportunidade de disfrutar da cultura e gastronomía do país vasco.

Nun ambiente moi agradable aprobáronse na reunión os seguintes acordos:

- Relevo na presidencia de FEAE, que colle o noso amigo Emilio Veiga, de quen estamos seguros que será capaz de continuar co bo traballo realizado ata agora por Alfonso, a quen todo o mundo agradeceu a súa entrega.

- A revista OGE desaparece como tal en papel impreso. O número recibido en febreiro será o último en papel. A partir de agora pasará a ser dixital e cambíará tamén de nome: "DyLE" (dirección y liderazgo educativo). Estamos convencidos de que este cambio aportará claros beneficios na forma e nos contidos da mesma.

-  As próximas xornadas estatais terán lugar o 15 e 16 de novembro en La Laguna (Tenerife), organizadas polos compañeiros do foro de Canarias, que xa avanzaron parte do programa que terá como eixe central a inclusión.

domingo, 27 de enero de 2019

Aprendendo sobre proxectos europeos

O pasado venres 25 de xaneiro celebramos o terceiro Work Café de este curso na Facultade de Ciencias da Educación da "Universidade da Coruña".
A xornada  centrouse nos Proxectos Europeos e contamos coa presencia de Celina Santamaría, recoñecida experta do Centro de Formación e Recursos de A Coruña e con Carmen Suárez, profesora con unha amplia experiencia na coordinación de proxectos europeos no seu centro, o IES David Buján, en Cambre.
Celina comenzou a súa intervención destacando a evolución dos proxectos europeos como iniciativa de algún docente até unha perspectiva orientada aos intereses do centro e ao impacto no alunado. Dividiu a presentación en sete puntos chave no deseño e desenvolvemento de un proxecto Erasmus +. No primeiro punto, internacionalización do centro, describiu brevemente os tipos de programas e deu algunhas pistas sobre a detección de necesidades e a alineación cos obxectivos do Erasmus +. A continuación, enfocou o seu discurso até o desenvolvemento de proxectos, a selección de socios, os requisitos técnicos e a avaliación. 
Por último, aportou unha serie de recursos e comentamos brevemente un caso práctico.
Destacamos as páxinas da SEPIE, eTwinning e School Education Gateway

A segunda poñente, Carmen Suárez, complementou a charla técnica compartindo a súa experiencia como docente e como coordinadora experta en distintos proxectos europeos.
Durante a súa intervención, comentou as características dos oito proxectos europeos que se teñen desenvolvido no seu centro e compartiu, como docente a pé de aula, cuestións prácticas relacionadas co deseño e desenvolvemento de proxectos. Aconsellou unha experiencia previa en programas como e-Twinning antes de integrarse nun proxecto Erasmus + e, a través de anécdotas e casos reais, foinos dando pistas para integrar a toda a comunidade educativa na realización do proxecto e outros consellos como o proceso de elección do alunado, documentación necesaria, difusión e unha serie de boas prácticas que facilitan o  desenvolvemento de estos proxectos.
Una sesión intensa que suscitou un debate posterior moi  interesante e que foi moi ben valorada polos asistentes.

jueves, 10 de enero de 2019

WORK-CAFE O 25 DE XANEIRO

O 25 de xaneiro, venres, en horario de 18'30 a 21'00 compartiremos un café-tertulia na facultade de ciencias da educación para coñecer experiencias de participación en programas europeos de intercambio educativo.
Contaremos coas intervencións de Celina Santamaría, do CEFORES de A Coruña, e de Carmen Suárez, do IES David Buján.
Contamos coa vosa asistencia.