As liñas prioritarias de actuación do FEAE

Promover a reflexión e creación de significados compartidos sobre a educación do século XXI. ▪ Establecer intercambios bilaterais e multilaterais a nivel autonómico, estatal e europeo ▪ Crear relacións e lazos persoais entre os seus membros ▪ Compartir e incrementar novos coñecementos profesionais

Cales son as actividades que realizamos?

Ceas–coloquio e Work-café: Nunha ou máis ocasións ao longo do curso escolar reunímonos arredor de temas de actualidade para debater as propostas que sobre o mesmo nos presentan relatores de prestixio.

Quen formamos o FEAE?

Profesionais da educación de cada país: profesorado, membros da inspección educativa, membros de equipos directivos, asesores e asesoras,…etc

Que vantaxes ten ser socio?

• Participar en todos os encontros e foros para a reflexión educativa que o FEAE organiza en Galicia. • Coñecer de antemán as propostas e novidades que se dan no sistema educativo galego, do estado e europeo. • Responder ás demandas de asesoramento sobre cuestións educativas que diversas Administracións realizan ao FEAE europeo. • Recibir no domicilio a revista “OGE” e o acceso á mesma a través da páxina web (www.feae.eu). • Elaborar artigos para ser publicados nesta revista.

venres, 26 de maio de 2023

Resolución dos III Premios FEAE á Innovación Educativa 22-23

O xurado da convocatoria dos III Premios FEAE Galicia de Innovación Educativa, tras valorar as excelentes propostas enviadas nesta edición, decidiu otorgar os seguintes premios:


 MODALIDADE A: Para proxectos de centros educativos de Educación Infantil (0-6), CRA, Primaria, Secundaria, Formación Profesional e Centros de Educación Especial. 

  "Torsos: RCP"proxecto presentado polo CPI O Cruce de Cerceda e coordinado por Xacobo de Toro Cacharrón.



 MODALIDADE B: Para proxectos de equipos de profesorado de centros educativos de Educación Infantil (0-6), CRA, Primaria, Secundaria, Formación Profesional e Centros de Educación Especial.

 "Rosetóns do románico galego con xeometría dinámica" proxecto coordinado por Roberto Maneiro Catoira do IES Puga Ramón da Coruña.


 O acto de entrega dos Premios terá lugar o xoves 8 de xuño as 18:30 do 2023 no Concello da Coruña.