As liñas prioritarias de actuación do FEAE

Promover a reflexión e creación de significados compartidos sobre a educación do século XXI. ▪ Establecer intercambios bilaterais e multilaterais a nivel autonómico, estatal e europeo ▪ Crear relacións e lazos persoais entre os seus membros ▪ Compartir e incrementar novos coñecementos profesionais

Cales son as actividades que realizamos?

Ceas–coloquio e Work-café: Nunha ou máis ocasións ao longo do curso escolar reunímonos arredor de temas de actualidade para debater as propostas que sobre o mesmo nos presentan relatores de prestixio.

Quen formamos o FEAE?

Profesionais da educación de cada país: profesorado, membros da inspección educativa, membros de equipos directivos, asesores e asesoras,…etc

Que vantaxes ten ser socio?

• Participar en todos os encontros e foros para a reflexión educativa que o FEAE organiza en Galicia. • Coñecer de antemán as propostas e novidades que se dan no sistema educativo galego, do estado e europeo. • Responder ás demandas de asesoramento sobre cuestións educativas que diversas Administracións realizan ao FEAE europeo. • Recibir no domicilio a revista “OGE” e o acceso á mesma a través da páxina web (www.feae.eu). • Elaborar artigos para ser publicados nesta revista.

xoves, 2 de marzo de 2023

Premios FÓRUM EUROPEO GALICIA 2022-2023




Os Premios FORUM EUROPEO GALICIA 2022-2023 buscan identificar recoñecer e promover a centros educativos e a grupos de docentes comprometidos e comprometidas coa innovación educativa, a través do desenvolvemento de iniciativas didácticas que axuden a construír unha rede de propostas educativas que inspiren transformación e innovación e que sexan facilmente transferibles a outras contornas educativas. 

 

Os traballos deben responder a unha necesidade de mellora educativa concreta e animar a outros colectivos desenvolvendo a potencialidade do traballo en equipo colaborativo. Os Premios destacan as iniciativas que se consideran máis creativas e efectivas para atopar solucións aos desafíos educativos en calquera nivel educativo e en todas as contornas. 

 

Destacarán proxectos de revitalización de centros educativos dirixidos a desenvolver a innovación educativa en ámbitos curriculares, tecnolóxicos, metodolóxicos, didácticos e organizativos dos diferentes niveis e etapas do sistema educativo.

 

Sobre o premio

 

Os proxectos seleccionados son modelos de excelencia que serven como inspiración para que outros melloren a educación a través da innovación e a acción creativa. Cada un dos proxectos gañadores dos premios FÓRUM EUROPEO GALICIA 2022-2023 será presentado publicamente e beneficiarase do maior interese público a través da exposición de medios e outras canles, ademais, a revista do FÓRUM EUROPEO NACIONAL (DYLE) fará eco dos proxectos premiados que serán adaptados ás normas de publicación da revista polos autores e autoras dos proxectos seleccionados. 

 

Xurado e resolución dos premios 

 

O xurado estará composto por membros de recoñecido prestixio e implicación dentro do ámbito educativo entre os que se atoparán membros do propio Fórum Europeo de Galicia, Universidades Galegas e da Consellería de Educación.

O fallo inapelable do xurado será o venres, 26 de maio e comunicarase directamente aos interesados.

Publicarase con antelación unha lista de finalistas no blogue de FEAE GALICIA http://www.feaegalicia.com/, así como, posteriormente a resolución definitiva dos Premios. 

Fórum Europeo da Educación de Galicia (FEAE-Galicia) resérvase o dereito de publicación dos proxectos finalistas no blogue, sen fins lucrativos, podendo utilizalos en accións encamiñadas á mellora da educación. 

 

Modalidades 

 

Propóñense dúas modalidades ás que poder presentarse: 

 

• Modalidade A: para proxectos de centros educativos de Educación Infantil (0-6), CRA, Primaria, Secundaria e Formación Profesional.

 

• Modalidade B: para proxectos de equipos de profesorado de centros educativos de Educación Infantil, Primaria Secundaria e Formación Profesional.

 

1. Os proxectos serán presentados por centros educativos e/ou por equipos de profesorado de centros educativos de Galicia nas modalidades A e/ou B, non podendo presentarse en máis dunha modalidade co mesmo proxecto. 

 

2. Os proxectos das modalidades A e B terán que realizarse no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

 

3. Deben presentarse en lingua galega ou lingua castelá, indistintamente.

 

Criterios de selección 

 

Os Premios FÓRUM EUROPEO GALICIA 2022-2023 recoñecen proxectos educativos innovadores. Búscanse iniciativas educativas continuas, innovadoras e impactantes que: 

• Supoñan a revitalización dun centro educativo. 

• Que contemplen indicadores para desenvolver unha educación inclusiva e de equidade.

• Que desenvolvan a convivencia participativa e positiva en calquera etapa educativa. 

• Que fosen efectivamente implementados na aula. 

• Que sexan economicamente sostibles. 

• Que presenten obxectivos claros na planificación e desenvolvemento do proxecto. 

• Que sexan replicables e transferibles a outros contextos educativos. 

• Que dispoñan dun claro compoñente innovador.

• Que desenvolvan enfoques didácticos e/ ou organizativos que busquen dar resposta ás necesidades do seu alumnado. Necesidades que varían en función do seu contexto sociocultural, pero tamén en función dous cambios que, a nivel global, estanse a experimentar na sociedade. 

 

 Criterios de valoración

                                                                                                                                                                           

 O Xurado terá en conta os seguintes criterios de valoración que non son excluíntes :


-  Coherencia interna do proxecto (atendendo á concreción de obxectivos, a súa xustificación, o desenvolvemento das tarefas, unha exposición clara de resultados e propostas de mellora). 

-  Contido innovador e importancia do traballo en equipo e colaborativo (destacando o desenvolvemento do pensamento creativo, crítico a autonomía do alumnado e a súa participación activa no proxecto).

-  Ter  sido implementado (non é un requisito). 

-  A multidisciplinaridade.

-   Posibilidade de transferencia do proxecto a outras contornas educativas.

-   Directrices de igualdade e equidade educativas na planificación do proxecto.

 

Solicitude e Prazos de Presentación

 

O formulario de inscrición aos Premios FORUM EUROPEO GALICIA 2022-2023 é https://forms.gle/kswzVrStqNFfLv996

 

O formulario de inscrición permitirá enviar todos os datos de contacto necesarios para o rexistro do proxecto así como os arquivos coa documentación necesaria para a valoración do proxecto. 

 

Para calquera dúbida en relación á inscrición do proxecto poden poñerse en contacto coa organización na dirección de correo feaegalicia@gmail.com

 

Os traballos recibiranse desde o 5 de marzo  de 2023 ata o 5 de maio de 2023.

 

Formato de Presentación: 

1.- Síntese do proxecto en formato pdf (letra Arial 12, interlineado sinxelo). 

2.- Material audiovisual (fotos, vídeos, webs), que non excedan de 10 MG. Preferiblemente enviaranse como  ligazóns, até un máximo de 5 arquivos e/ou 5 ligazóns.

 3.-Memoria explicativa do traballo coas seguintes características: en formato pdf, letra Arial 12, interlineado sinxelo e un máximo de 15 páxinas, débense incluír as imaxes e as referencias aos posibles vídeos. 

Esta Memoria debe conter os seguintes puntos: 

Título (pódese usar un subtítulo). 

4- Resumo, con palabras chave (breve exposición do proxecto nun máximo 50 palabras). 

5- Xustificación. 

6-  Obxectivos. 

7- Desenvolvemento do proxecto (metodoloxía, accións, participantes, cronograma,…). 

8- Resultados. 

9- Avaliación, impacto e conclusión de melloras concretas obtidas. 

10- Certificación dá autorización do uso das imaxes dos menores. 

11- Licenciar o traballo baixo a licenza Creative Commons. 

  BY: Recoñecemento (Attribution): o material creado por un autor pode ser distribuído e exhibido se a autoría  se mostra nos créditos.  NC: Comercial (Non Commercial): o material creado por un autor pode ser distribuído, copiado e exhibido mentres o seu uso non sexa comercial.   SA: compartir Igual (Share Alike): o material creado por un autor pode ser modificado e distribuído pero baixo a mesma licencia que o material orixinal. 

 

Premios

 

Modalidade A

- Lote de libros para a Biblioteca do centro. 

-  300 € en metálico. 

-  Publicación do Proxecto premiado con ISBN ou ISSN.

 

 Modalidade B

- 300 € en metálico.

- Publicación do Proxecto premiado con ISBN ou ISSN.