As liñas prioritarias de actuación do FEAE

Promover a reflexión e creación de significados compartidos sobre a educación do século XXI. ▪ Establecer intercambios bilaterais e multilaterais a nivel autonómico, estatal e europeo ▪ Crear relacións e lazos persoais entre os seus membros ▪ Compartir e incrementar novos coñecementos profesionais

Cales son as actividades que realizamos?

Ceas–coloquio e Work-café: Nunha ou máis ocasións ao longo do curso escolar reunímonos arredor de temas de actualidade para debater as propostas que sobre o mesmo nos presentan relatores de prestixio.

Quen formamos o FEAE?

Profesionais da educación de cada país: profesorado, membros da inspección educativa, membros de equipos directivos, asesores e asesoras,…etc

Que vantaxes ten ser socio?

• Participar en todos os encontros e foros para a reflexión educativa que o FEAE organiza en Galicia. • Coñecer de antemán as propostas e novidades que se dan no sistema educativo galego, do estado e europeo. • Responder ás demandas de asesoramento sobre cuestións educativas que diversas Administracións realizan ao FEAE europeo. • Recibir no domicilio a revista “OGE” e o acceso á mesma a través da páxina web (www.feae.eu). • Elaborar artigos para ser publicados nesta revista.

martes, 14 de setembro de 2021

Benvida ao novo curso 2021-2022

 Inmersos no novo curso escolar, desde FEAEGA queremos darvos a benvida ao novo curso escolar e convidarvos a formar parte da nosa organizacion para compartir e aprender xuntos. 

Nos próximos días publicaremos a programación do primeiro trimestre de curso e aproveitamos para convidarvos a compartir as vosas experiencias na web de FEAEGA no correo feaegalicia@gmail.com e que serán publicadas no apartado de Boas Prácticas educativas da nosa web.

Animámosvos  a difundir entre os vosos compañeiros e compañeiras as vantaxes de asociarse a FEAEGA.

Grazas polo voso apoio e difusión e feliz inicio de curso!