As liñas prioritarias de actuación do FEAE

Promover a reflexión e creación de significados compartidos sobre a educación do século XXI. ▪ Establecer intercambios bilaterais e multilaterais a nivel autonómico, estatal e europeo ▪ Crear relacións e lazos persoais entre os seus membros ▪ Compartir e incrementar novos coñecementos profesionais

Cales son as actividades que realizamos?

Ceas–coloquio e Work-café: Nunha ou máis ocasións ao longo do curso escolar reunímonos arredor de temas de actualidade para debater as propostas que sobre o mesmo nos presentan relatores de prestixio.

Quen formamos o FEAE?

Profesionais da educación de cada país: profesorado, membros da inspección educativa, membros de equipos directivos, asesores e asesoras,…etc

Que vantaxes ten ser socio?

• Participar en todos os encontros e foros para a reflexión educativa que o FEAE organiza en Galicia. • Coñecer de antemán as propostas e novidades que se dan no sistema educativo galego, do estado e europeo. • Responder ás demandas de asesoramento sobre cuestións educativas que diversas Administracións realizan ao FEAE europeo. • Recibir no domicilio a revista “OGE” e o acceso á mesma a través da páxina web (www.feae.eu). • Elaborar artigos para ser publicados nesta revista.

miércoles, 25 de mayo de 2022

"E agora que? Novos retos sociais, novos retos educativos" Cea Coloquio con Nélida Zaitegui

 "Si educar é preparar para unha vida digna de ser vivida, ou unha boa vida, temos que preguntarnos a que retos ten que enfrentarse esta xeración e que precisa para facelo con éxito".

O venres 17 de xuño teremos a oportunidade de despedir este duro curso compartindo con Nélida Zaitegui, reflexións sobre os novos retos educativos que xorden dos novos retos sociais. 

As prazas son limitadas polo que vos animamos a apuntarvos desde o formulario https://forms.gle/HhVNzQpKwwjkU9Z96  antes do 14 de xuño.



viernes, 20 de mayo de 2022

Resolución dos II Premios FEAE de Innovación Educativa 21-22

 


O  xurado da convocatoria dos II Premios FEAE Galicia de Innovación Educativa,  tras valorar as excelentes  propostas enviadas, decidiu otorgar os seguintes premios:

MODALIDADE A:  Para proxectos de centros educativos de Educación Infantil (0-6), CRA, Primaria, Secundaria, Formación Profesional e Centros de Educación Especial. 


"Paseolidarios"proxecto presentado polo CIFP Paseo das Pontes en A Coruña.


MODALIDADE B:  Para proxectos de  equipos de profesorado de centros educativos de Educación Infantil (0-6), CRA, Primaria, Secundaria, Formación Profesional e Centros de Educación Especial. 



InvestigArte proxecto coordinado por Sonia Figueiredo Araujo do CEIP Nazaret de Cangas (Pontevedra).



O acto de entrega dos Premios terá lugar o xoves 8 de xuño do 2022 no Salón de Plenos do Concello da Coruña as 18.00 horas

miércoles, 2 de marzo de 2022

Café coloquio "Claves para facer realidade a atención á diversidade"

 O xoves 24 de febreiro disfrutamos do Café Coloquio Trimestral de FEAE Galicia na compañía de orientadoras de distintos centros educativos da Coruña, estudiantes de máster do profesorado e socios e socias de FEAEGA. 

Rafael Rodríguez Martín, vicepresidente de FEAEGA e presidente da Asociación Provincial de Equipos Directivos de Infantil e Primaria, fixo un resumen claro e conciso da nova ley de Atención á Diversidade orientado ao día día do labor dos equipos de orientación e direcións de centros. Compartimos á sua presentación desde esta ligazón

A continuación, Mónica Diz Besada, orientadora do IES Sardiñeira e autora do blog Mónica Diz Orienta, reflexionou sobre 9 claves para levar á atención á diversidade a tódalas dimensións educativas, aportando un conxunto de ideas para cada unha das claves. 

Mónica puxo especial énfasis no Deseño Universal da Aprendizaxe (DUA), unha ferramenta imprescindible para achegarse á escola inclusiva.

Neste sentido, desde FEAEGA queremos seguir profundizando no DUA en próximos coloquios e obradoiros. 








lunes, 28 de febrero de 2022

Número 12 Revista Dyle

 Xa se publicou o número 12 da revista Dyle. 

O monográfico deste número "Aprender a impulsos de likes"  integra unha entrevista , a través de videoconferencia, con alumnado dos primeiros anos de Maxisterio e Xeografía e Historia para coñecer  a relación dos xóvenes cos dispositivos dixitais e  reflectir sobre ela. Tamén se analiza o papel dos videoxogos e os infuencers en educación, a educación presencial e on line e outros temas relacionados.

Ademáis trátanse outros temas como a meritocracia, a educación en Brasil ou o papel da escola ante catástrofes naturais como a do volcán de la Palma. 

No apartado de ferramentas, publícase o último dossier con recursos prácticos para desenvolver e implementar o  liderazgo desde as direccións dos centros. Os próximos dossieres estarán dedicados ao Liderazgo Pedagóxico do profesorado e do alumnado. 

O acceso á revista é gratuita para os socios e dispoñedes de números abertos a todo o público. 





jueves, 20 de enero de 2022

Premios FEAE Galicia 21-22

 Ampliado o prazo de presentación de traballos á Convocatoria para proxectos innovadores na educación galega até o 6 de maio.

Forum Europeo de Administradores da Educación (Galicia)




Os Premios FORUM EUROPEO GALICIA 2021-2022 buscan identificar recoñecer e promover a centros educativos e a grupos de docentes comprometidos e comprometidas coa innovación educativa, a través do desenvolvemento de iniciativas didácticas que axuden a construír unha rede de propostas educativas que inspiren transformación e innovación e que sexan facilmente transferibles a outras contornas educativas. 


Os traballos deben responder a unha necesidade de mellora educativa concreta e animar a outros colectivos desenvolvendo a potencialidade do traballo en equipo colaborativo. 

Os Premios destacan as iniciativas que se consideran máis creativas e efectivas para atopar solucións aos desafíos educativos en calquera nivel educativo e en todas as contornas. 


Destacarán proxectos de revitalización de centros educativos dirixidos a desenvolver a innovación educativa en ámbitos curriculares, tecnolóxicos, metodolóxicos, didácticos e organizativos dos diferentes niveis e etapas do sistema educativo.


Sobre o premio


Os proxectos seleccionados son modelos de excelencia que serven como inspiración para que outros melloren a educación a través da innovación e a acción creativa. Cada un dos proxectos gañadores dos premios FORUM EUROPEO GALICIA 2021-2022 será presentado publicamente e beneficiarase do maior interese público a través da exposición de medios e outras canles, ademais, a revista do FORUM EUROPEO NACIONAL (DYLE) fará eco dos proxectos premiados que serán adaptados ás normas de publicación da revista polos autores e autoras dos proxectos seleccionados. 


Xurado e resolución dos premios 


O xurado estará composto por membros de recoñecido prestixio e implicación dentro do ámbito educativo entre os que se atoparán membros do propio Forum Europeo de Galicia, CSIC Galicia, Universidades Galegas e da Consellería de Educación.

O fallo inapelable do xurado será o 20 de maio e comunicarase directamente aos interesados.

Publicarase con antelación unha lista de finalistas no blogue de FEAE GALICIA http://www.feaegalicia.com/, así como, posteriormente a resolución definitiva dos Premios. 

Forum Europeo da Educación de Galicia (FEAE-Galicia) resérvase o dereito de publicación dos proxectos finalistas no blogue, sen fins lucrativos, podendo utilizalos en accións encamiñadas á mellora da educación. 


Modalidades 


Propóñense dúas modalidades ás que poder presentarse: 


Modalidade A: para proxectos de centros educativos de Educación Infantil (0-6), CRA, Primaria, Secundaria e Formación Profesional.


Modalidade B: para proxectos de equipos de profesorado de centros educativos de Educación Infantil, Primaria Secundaria e Formación Profesional.


1. Os proxectos serán presentados por centros educativos e/ou por equipos de profesorado de centros educativos de Galicia nas modalidades A e/ou B, non podendo presentarse en máis dunha modalidade co mesmo proxecto. 


2. Os proxectos das modalidades A e B terán que realizarse no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.


3. Deben presentarse en lingua galega ou lingua castelá, indistintamente.


Criterios de selección 


Os Premios FORUM EUROPEO GALICIA 2021-2022 recoñecen proxectos educativos innovadores. Búscanse iniciativas educativas continuas, innovadoras e impactantes que: 

• Supoñan a revitalización dun centro educativo. 

• Que contemplen indicadores para desenvolver unha educación inclusiva e de equidade.

• Que desenvolvan a convivencia participativa e positiva en calquera etapa educativa. 

• Que fosen efectivamente implementados na aula. 

• Que sexan economicamente sostibles. 

• Que presenten obxectivos claros na planificación e desenvolvemento do proxecto. 

• Que sexan replicables e transferibles a outros contextos educativos. 

• Que dispoñan dun claro compoñente innovador.

• Que desenvolvan enfoques didácticos e/ ou organizativos que busquen dar resposta ás necesidades do seu alumnado. Necesidades que varían en función do seu contexto sociocultural, pero tamén en función dous cambios que, a nivel global, estanse a experimentar na sociedade. 


 Criterios de valoración


 O Xurado terá en conta os seguintes criterios de valoración que non son excluíntes : 

• Coherencia interna do proxecto (atendendo á concreción de obxectivos, a súa xustificación, o desenvolvemento das tarefas, unha exposición clara de resultados e propostas de mellora). 

• Contido innovador e importancia do traballo en equipo e colaborativo (destacando o desenvolvemento do pensamento creativo, crítico a autonomía do alumnado e a súa participación activa no proxecto).

• Ter  sido implementado 

• A multidisciplinaridade

 • Posibilidade de transferencia do proxecto a outras contornas educativas.

• Directrices de igualdade e equidade educativas na planificación do proxecto.


Solicitude e Prazos de Presentación


O formulario de inscrición aos Premios FORUM EUROPEO GALICIA 2021-2022 é https://forms.gle/kswzVrStqNFfLv996



O formulario de inscrición permitirá enviar todos os datos de contacto necesarios para o rexistro do proxecto así como os arquivos coa documentación necesaria para a valoración do proxecto. 


Para calquera dúbida en relación á inscrición do proxecto poden poñerse en contacto coa organización na dirección de correo feaegalicia@gmail.com


Os traballos recibiranse desde o 28 de xaneiro  de 2022 ata o 29 de abril de 2022.


Formato de Presentación: 

1.- Síntese do proxecto en formato pdf (letra Arial 12, interlineado sinxelo). 

2.- Material audiovisual (fotos, vídeos, webs), que non excedan de 10 MG. Preferiblemente enviaranse como  ligazóns, até un máximo de 5 arquivos e/ou 5 ligazóns.

 3.-Memoria explicativa do traballo coas seguintes características: en formato pdf, letra Arial 12, interlineado sinxelo e un máximo de 15 páxinas, débense incluír as imaxes e as referencias aos posibles vídeos. 

Esta Memoria debe conter os seguintes puntos: 

• Título (pódese usar un subtítulo). 

• Resumo, con palabras chave (breve exposición do proxecto nun máximo 50 palabras). 

• Xustificación. 

• Obxectivos. 

• Desenvolvemento do proxecto (metodoloxía, accións, participantes, cronograma,…). 

• Resultados. 

• Avaliación, impacto e conclusión de melloras concretas obtidas. 

• Certificación dá autorización do uso das imaxes dos menores. 

4- Licenciar o traballo baixo a licenza Creative Commons. 


• BY: Recoñecemento (Attribution): o material creado por un autor pode ser distribuído e exhibido se a autoría  se mostra nos créditos.

 • NC: Comercial (Non Commercial): o material creado por un autor pode ser distribuído, copiado e exhibido mentres o seu uso non sexa comercial. 

• SA: compartir Igual (Share Alike): o material creado por un autor pode ser modificado e distribuído pero baixo a mesma licencia que o material orixinal. 


Premios


Modalidade A


• Lote de libros para a Biblioteca do centro. 

• Curso de Formación gratuíto para o claustro do centro sobre unha temática relacionada coa innovación educativa.

• 300 € en metálico. 

• Publicación do Proxecto premiado con ISBN ou ISSN.


 Modalidade B


• 300 € en metálico.

• Publicación do Proxecto premiado con ISBN ou ISSN. 


Organización


 Forum Europeo de Administradores da Educación (Galicia) 

  Contacta en : feaegalicia@gmail.com.

• Forum Europeo de Administradores da Educación edita a revista DyLE (Dirección y Liderazgo Escolar).