Boas prácticas




Nesta sección imos publicando boas prácticas educativas. Se queres compartir co teu equipo unha boa práctica, envía un mail a feaegalicia@gmail.com. co título da experiencia,  unha imaxe ou vídeo e un pequeno texto sobre a experiencia ou conxunto de experiencias con links. 


III PREMIOS FEAEGA DE INNOVACIÓN EDUCATIVA

O pasado 8 de xuño de 2023 outorgáronse os  III Premios FEAE Galicia de Innovación Educativa. Tras valorar as excelentes propostas enviadas nesta edición, o xurado decidiu otorgar os seguintes premios:

  • MODALIDADE A: Para proxectos de centros educativos de Educación Infantil (0-6), CRA, Primaria, Secundaria, Formación Profesional e Centros de Educación Especial. 
  "Torsos: RCP"proxecto presentado polo CPI O Cruce de Cerceda e coordinado por Xacobo de Toro Cacharrón.

Neste video o alumnado do CPI o CRUCE cóntanos de que vai o proxecto: 


  • MODALIDADE B: Para proxectos de equipos de profesorado de centros educativos de Educación Infantil (0-6), CRA, Primaria, Secundaria, Formación Profesional e Centros de Educación Especial.
 "Rosetóns do románico galego con xeometría dinámica" proxecto coordinado por Roberto Maneiro Catoira do IES Puga Ramón da Coruña.

Na seguite ligazón podedes acceder a toda a información do proxecto.

E aqui che compartimos unha pequena síntese da xornada en formato video. Para o ano que ven, máis!




A ESCOLA DE VILARELLO, UNHA ESCOLA DIFERENTE

Trátase dunha Escola ubicada nunha aldea (Vilarello) con ausencia de poboación en idade infantil, e que polo tanto tiña unha ameaza constante de peche, a pesar da contorna excepcional na que está ubicada e todo o seu potencial educativo. Era necesario un impulso, non só para devolverlle a súa calidade educativa en canto a escola rural, senón tamén para atender as necesidades do alumnado matriculado. Así foi como xurdiu este cambio físico e metodolóxico da Escola de Vilarello, que actual e afortunadamente case dobra o número de alumnos matriculados grazas ás familias que apostaron pola educación que aquí se oferta, sen importar a distancia nin o tempo que tardan en vir dende outros Concellos nos que residen (algunhas facendo grandes esforzos).


  Adxuntamos acceso a un vídeo, dun TOUR pola ESCOLA DE VILARELLO, onde podedes ver todos os nosos espazos.




 No instagram (@escoladevilarello) podedes comprobar como o alumnado fai uso dos novos espazos, cunha nova metodoloxía baseada en grandes referentes como son Loris Malaguzzi ou María Montessori, pois neste Instagram partillo as experiencias que os nenos e nenas realizan a diario con toda a Comunidade Educativa.  


No seguinte enlace podedes ver un resumo do tipo de educación que en Vilarello levamos a cabo:

DÍPTICO VILARELLO.



Todo o proceso de cambio e obras feitas por nós mesmas (mestras, familias e Concello) está tamén documentado neste Instagram da escola. Nos seguintes links poden verse as melloras realizadas paso a paso nos distintos espazos:


- REFORMA DA AULA PRINCIPAL: PROCESO RESULTADO

REFORMA DA AULA POLIVALENTE

REFORMA DOS BAÑOS

- CREACIÓN DUNHA AULA EXTERIOR: PROCESOPROCESO2 RESULTADO     

- ACONDICIONAMENTO DO PATIO: PROCESO RESULTADO  


MÓVETE XA!


Dende o CPI Plurilingüe Virxe da Cela (Monfero -A Coruña), Ruth Varela comparte o proxecto MÓVETE XA! no que desenvolven unha revista de EF, feita co alumnado da etapa de Educación Primaria.
A  revista conta con varias seccións:
-Entrevistas a Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria, Profesorado, Familias e Deportistas profesionais.
-Efemérides deportivas.
-O deporte do mes.
-Os xogos do mes.
-Debuxos de EF.
-Receitas de cociña.
-Actividades complementarias de EF.

Cada sección é obra dun curso de EP, rematando a profesora a edición final.
A revista sae o día 29 de cada mes, e o primeiro exemplar saiu en Outubro do 2020. Xa imos polo 4º exemplar.
Podedes vela no Blog educativo: https://ruthmariavarelamateos.blogspot.com/
Desde aquí, podedes acceder aos números publicados até o momento.
1er Exemplar          2º Exemplar        3er Exemplar            4º Exemplar

FITAS DO VENTO


Punto de encontro de escolas infantís galegas e africanas.
Escolas Galegas: EEI Montealto, EEI Os Cativos e a etapa de EI do colexio CPR Santa María do Mar (centro coordinador) e CPR Cervantes
 Escolas africanas: A Escolinha CEI AMAN e CADEIC Nova Esperança.

Fitas de vento nace en 2017, co irmandamento entre a Escolinha CEI AMAN en Tete (Mozambique) e varias escolas infantís e colexios de Galicia.O seu principal obxectivo é crear un espazo de traballo, encontro e participación entre escolas galegas e mozambicanas, involucrando ao alumnado, ao profesorado e ás familias participantes a través do intercambio de boas prácticas e de accións que promovan valores como a diversidade, a defensa do medio ambiente, a igualdade de xénero, a xustiza social e o respecto aos dereitos humanos. Ademais, búscase contribuír ao desenvolvemento das escolas africanas participantes dotándoas de recursos e capacitando ao seu profesorado. 


En total participan en torno a 3.210 xoves, 2220 alumnos e alumnas das escolas galegas e 990 alumnos e alumnas das escolas africanas; 1060 familias e 55 docentes (48 galegos e 7 africanos).


Como parte da nosa vocación de construción dunha cidadanía global, realizamos actividades dentro da aula que axudan aos nenos e nenas a coñecer outros contextos, a valorar a diversidade como unha riqueza e a amosarse sensibles e comprometidos ante situacións de inxustiza e desigualdade. Entre estas actividades destacan os momentos de reflexión e asemblea, a realización de proxectos de aprendizaxe, a construción de recunchos africanos nas escolas e o traballo na horta escolar plantando sementes procedentes de África. 


Ademais, realizamos campañas de sensibilización, de recadación de fondos e de recollida de material escolar, xoguetes e roupa para enviar ás escolas de Mozambique nas que se involucra toda a comunidade educativa dos centros participantes.

Outro dos puntos importantes é o intercambio de boas prácticas, programacións e recursos entre escolas galegas e mozambicanas, que se leva a cabo de forma periódica a través do blog e de maneira puntual mediante a visita de profesores galegos a Mozambique e viceversa.



DESPLASTIFÍCATE








Ceip Ponte dos Brozos

Proxecto gañador na Maker Faire Galicia 2020 na categoría Minimaker


Coordinación:  Pepa Sanjurjo, Verónica Iglesias, Luz Pérez e Begoña Codesal.

Levado a cabo polo alumnado do Club de Ciencia da escola.



" Desplastifícate" une o uso da tecnoloxía e o fomento da conciencia ambiental creando espazos virtuais que replican contornas naturais contaminadas, para visualizalas, reflexionar sobre as súas repercusións e expor posibles solucións. 


A experiencia enmárcase dentro do que se coñece no CEIP Ponte dos Brozos como Club de Ciencia. Neste club o alumnado de 5º e 6º ten a oportunidade de aprender explorando novos métodos e recursos como son a utilización de iPads para a creación de contornas virtuais e de realidade aumentada. 


Con esta experiencia búscase promover unha conciencia ambiental creando contornas virtuais nas que o alumnado poida replicar ecosistemas danados por malos hábitos e mala praxe do home. Esta actividade implica tomar conciencia das repercusións das nosas accións e á súa vez persegue a análise de posibles solucións.