sábado, 9 de setembro de 2023
venres, 26 de maio de 2023
Resolución dos III Premios FEAE á Innovación Educativa 22-23
"Torsos: RCP"proxecto presentado polo CPI O Cruce de Cerceda e coordinado por Xacobo de Toro Cacharrón.
"Rosetóns do románico galego con xeometría dinámica" proxecto coordinado por Roberto Maneiro Catoira do IES Puga Ramón da Coruña.
xoves, 2 de marzo de 2023
Premios FÓRUM EUROPEO GALICIA 2022-2023
Os Premios FORUM EUROPEO GALICIA 2022-2023 buscan identificar recoñecer e promover a centros educativos e a grupos de docentes comprometidos e comprometidas coa innovación educativa, a través do desenvolvemento de iniciativas didácticas que axuden a construír unha rede de propostas educativas que inspiren transformación e innovación e que sexan facilmente transferibles a outras contornas educativas.
Os traballos deben responder a unha necesidade de mellora educativa concreta e animar a outros colectivos desenvolvendo a potencialidade do traballo en equipo colaborativo. Os Premios destacan as iniciativas que se consideran máis creativas e efectivas para atopar solucións aos desafíos educativos en calquera nivel educativo e en todas as contornas.
Destacarán proxectos de revitalización de centros educativos dirixidos a desenvolver a innovación educativa en ámbitos curriculares, tecnolóxicos, metodolóxicos, didácticos e organizativos dos diferentes niveis e etapas do sistema educativo.
Sobre o premio
Os proxectos seleccionados son modelos de excelencia que serven como inspiración para que outros melloren a educación a través da innovación e a acción creativa. Cada un dos proxectos gañadores dos premios FÓRUM EUROPEO GALICIA 2022-2023 será presentado publicamente e beneficiarase do maior interese público a través da exposición de medios e outras canles, ademais, a revista do FÓRUM EUROPEO NACIONAL (DYLE) fará eco dos proxectos premiados que serán adaptados ás normas de publicación da revista polos autores e autoras dos proxectos seleccionados.
Xurado e resolución dos premios
O xurado estará composto por membros de recoñecido prestixio e implicación dentro do ámbito educativo entre os que se atoparán membros do propio Fórum Europeo de Galicia, Universidades Galegas e da Consellería de Educación.
O fallo inapelable do xurado será o venres, 26 de maio e comunicarase directamente aos interesados.
Publicarase con antelación unha lista de finalistas no blogue de FEAE GALICIA http://www.feaegalicia.com/, así como, posteriormente a resolución definitiva dos Premios.
Fórum Europeo da Educación de Galicia (FEAE-Galicia) resérvase o dereito de publicación dos proxectos finalistas no blogue, sen fins lucrativos, podendo utilizalos en accións encamiñadas á mellora da educación.
Modalidades
Propóñense dúas modalidades ás que poder presentarse:
• Modalidade A: para proxectos de centros educativos de Educación Infantil (0-6), CRA, Primaria, Secundaria e Formación Profesional.
• Modalidade B: para proxectos de equipos de profesorado de centros educativos de Educación Infantil, Primaria Secundaria e Formación Profesional.
1. Os proxectos serán presentados por centros educativos e/ou por equipos de profesorado de centros educativos de Galicia nas modalidades A e/ou B, non podendo presentarse en máis dunha modalidade co mesmo proxecto.
2. Os proxectos das modalidades A e B terán que realizarse no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
3. Deben presentarse en lingua galega ou lingua castelá, indistintamente.
Criterios de selección
Os Premios FÓRUM EUROPEO GALICIA 2022-2023 recoñecen proxectos educativos innovadores. Búscanse iniciativas educativas continuas, innovadoras e impactantes que:
• Supoñan a revitalización dun centro educativo.
• Que contemplen indicadores para desenvolver unha educación inclusiva e de equidade.
• Que desenvolvan a convivencia participativa e positiva en calquera etapa educativa.
• Que fosen efectivamente implementados na aula.
• Que sexan economicamente sostibles.
• Que presenten obxectivos claros na planificación e desenvolvemento do proxecto.
• Que sexan replicables e transferibles a outros contextos educativos.
• Que dispoñan dun claro compoñente innovador.
• Que desenvolvan enfoques didácticos e/ ou organizativos que busquen dar resposta ás necesidades do seu alumnado. Necesidades que varían en función do seu contexto sociocultural, pero tamén en función dous cambios que, a nivel global, estanse a experimentar na sociedade.
Criterios de valoración
O Xurado terá en conta os seguintes criterios de valoración que non son excluíntes :
- Coherencia interna do proxecto (atendendo á concreción de obxectivos, a súa xustificación, o desenvolvemento das tarefas, unha exposición clara de resultados e propostas de mellora).
- Contido innovador e importancia do traballo en equipo e colaborativo (destacando o desenvolvemento do pensamento creativo, crítico a autonomía do alumnado e a súa participación activa no proxecto).
- Ter sido implementado (non é un requisito).
- A multidisciplinaridade.
- Posibilidade de transferencia do proxecto a outras contornas educativas.
- Directrices de igualdade e equidade educativas na planificación do proxecto.
Solicitude e Prazos de Presentación
O formulario de inscrición aos Premios FORUM EUROPEO GALICIA 2022-2023 é https://forms.gle/kswzVrStqNFfLv996
O formulario de inscrición permitirá enviar todos os datos de contacto necesarios para o rexistro do proxecto así como os arquivos coa documentación necesaria para a valoración do proxecto.
Para calquera dúbida en relación á inscrición do proxecto poden poñerse en contacto coa organización na dirección de correo feaegalicia@gmail.com
Os traballos recibiranse desde o 5 de marzo de 2023 ata o 5 de maio de 2023.
Formato de Presentación:
1.- Síntese do proxecto en formato pdf (letra Arial 12, interlineado sinxelo).
2.- Material audiovisual (fotos, vídeos, webs), que non excedan de 10 MG. Preferiblemente enviaranse como ligazóns, até un máximo de 5 arquivos e/ou 5 ligazóns.
3.-Memoria explicativa do traballo coas seguintes características: en formato pdf, letra Arial 12, interlineado sinxelo e un máximo de 15 páxinas, débense incluír as imaxes e as referencias aos posibles vídeos.
Esta Memoria debe conter os seguintes puntos:
Título (pódese usar un subtítulo).
4- Resumo, con palabras chave (breve exposición do proxecto nun máximo 50 palabras).
5- Xustificación.
6- Obxectivos.
7- Desenvolvemento do proxecto (metodoloxía, accións, participantes, cronograma,…).
8- Resultados.
9- Avaliación, impacto e conclusión de melloras concretas obtidas.
10- Certificación dá autorización do uso das imaxes dos menores.
11- Licenciar o traballo baixo a licenza Creative Commons.
BY: Recoñecemento (Attribution): o material creado por un autor pode ser distribuído e exhibido se a autoría se mostra nos créditos. NC: Comercial (Non Commercial): o material creado por un autor pode ser distribuído, copiado e exhibido mentres o seu uso non sexa comercial. SA: compartir Igual (Share Alike): o material creado por un autor pode ser modificado e distribuído pero baixo a mesma licencia que o material orixinal.
Premios
Modalidade A
- Lote de libros para a Biblioteca do centro.
- 300 € en metálico.
- Publicación do Proxecto premiado con ISBN ou ISSN.
Modalidade B
- 300 € en metálico.
- Publicación do Proxecto premiado con ISBN ou ISSN.