As liñas prioritarias de actuación do FEAE

Promover a reflexión e creación de significados compartidos sobre a educación do século XXI. ▪ Establecer intercambios bilaterais e multilaterais a nivel autonómico, estatal e europeo ▪ Crear relacións e lazos persoais entre os seus membros ▪ Compartir e incrementar novos coñecementos profesionais

Cales son as actividades que realizamos?

Ceas–coloquio e Work-café: Nunha ou máis ocasións ao longo do curso escolar reunímonos arredor de temas de actualidade para debater as propostas que sobre o mesmo nos presentan relatores de prestixio.

Quen formamos o FEAE?

Profesionais da educación de cada país: profesorado, membros da inspección educativa, membros de equipos directivos, asesores e asesoras,…etc

Que vantaxes ten ser socio?

• Participar en todos os encontros e foros para a reflexión educativa que o FEAE organiza en Galicia. • Coñecer de antemán as propostas e novidades que se dan no sistema educativo galego, do estado e europeo. • Responder ás demandas de asesoramento sobre cuestións educativas que diversas Administracións realizan ao FEAE europeo. • Recibir no domicilio a revista “OGE” e o acceso á mesma a través da páxina web (www.feae.eu). • Elaborar artigos para ser publicados nesta revista.

venres, 21 de maio de 2021

Resolución dos Premios FEAE Galicia de Innovación Educativa

 



  O  xurado da convocatoria dos I Premios FEAE Galicia de Innovación Educativa,  tras valorar as excelentes  propostas enviadas, decidiu otorgar os seguintes premios:


MODALIDADE A:  Para proxectos de centros educativos de Educación Infantil (0-6), CRA, Primaria, Secundaria, Formación Profesional e Centros de Educación Especial. 

"Axenda 2030 : Construindo un novo mundo"proxecto presentado polo IES Universidade Laboral de Culleredo. 

MODALIDADE B:  Para proxectos de  equipos de profesorado de centros educativos de Educación Infantil (0-6), CRA, Primaria, Secundaria, Formación Profesional e Centros de Educación Especial. 

Historia dunha Viaxe proxecto coordinado por Judith Varela Quintela do CEIP Ponte dos Brozos en Arteixo.

MENCIÓN HONORÍFICA:  ao proxecto "Artivistas"  da Aula Hospitalaria do  Hospital Materno Infantil Teresa Herrera da Coruña. 

O acto de entrega dos Premios terá lugar o xoves 10 de xuño do 2021 no Salón de Plenos do Concello da Coruña as 18.30.