As liñas prioritarias de actuación do FEAE

Promover a reflexión e creación de significados compartidos sobre a educación do século XXI. ▪ Establecer intercambios bilaterais e multilaterais a nivel autonómico, estatal e europeo ▪ Crear relacións e lazos persoais entre os seus membros ▪ Compartir e incrementar novos coñecementos profesionais

Cales son as actividades que realizamos?

Ceas–coloquio e Work-café: Nunha ou máis ocasións ao longo do curso escolar reunímonos arredor de temas de actualidade para debater as propostas que sobre o mesmo nos presentan relatores de prestixio.

Quen formamos o FEAE?

Profesionais da educación de cada país: profesorado, membros da inspección educativa, membros de equipos directivos, asesores e asesoras,…etc

Que vantaxes ten ser socio?

• Participar en todos os encontros e foros para a reflexión educativa que o FEAE organiza en Galicia. • Coñecer de antemán as propostas e novidades que se dan no sistema educativo galego, do estado e europeo. • Responder ás demandas de asesoramento sobre cuestións educativas que diversas Administracións realizan ao FEAE europeo. • Recibir no domicilio a revista “OGE” e o acceso á mesma a través da páxina web (www.feae.eu). • Elaborar artigos para ser publicados nesta revista.

domingo, 31 de xaneiro de 2021

Resumo da webinar "Claves para a incoporación (con sentidiño) das tecnoloxías na aula"

 O venres 29 de xaneiro, María José Fernández Barreiro, educadora social e pedagoga con 20 anos no sector da formación on-line, impartiu a webinar do segundo Work Café de FEAE Galicia neste curso.


Mª José comezou facendo unha analoxía entre as certificacións en linguas e o tipo de profesorado que utiliza as TIC nas aulas, desde docentes  con  coñecemento básico en  TIC (B1) ate  usuarios e usuarias con alta competencia  dixital.


En primeiro lugar, abordou a formación  do profesorado, aportou un listado de recursos que podedes descargar neste documento  e citou metodoloxías didácticas que optimizan o aproveitamento didáctico as aulas virtuais 

Ademais, sinalou a importancia de formarse como docentes non  traballo en equipo  co resto  do claustro e atender  ás  novas que nos  chegan desde ou campo da  neurociencia para  levalas  á aula.   


A  continuación , a poñente  reflexionou sobre falsos mitos relacionados coa tecnoloxía como que é   motivadora por si  mesma  ou a falacia dous nativos  dixitais.


Insistiu na necesidade de formar  ao alumnado, non só no uso das tecnoloxías senón tamén en  adestralos en habilidades como  discriminar información relevante, o traballo en equipo  ou  a comunicación directa en  liña.  Un  traballo  que  debería ser coordinado desde o centro para ir  distribuíndo a tarefa formativa en competencias e habilidades  do alumnado coas TIC.

 Por outra banda, sinalou a necesidade de planificar e organizar en que parte da programación integramos  as TIC, a metodoloxía a utilizar e a dosificación de tempos e medios  tecnolóxicos.


Animounos a construír un temario propio,  aproveitando a gran  cantidade de  contidos que están  ao  noso  dispor e que aparecen no documento arriba sinalado e a crear contidos seleccionando o tipo de formato más axeitado ao seu uso.

A  poñente  aportou tips e unha serie de  recomendacións para desenvolver vídeos interactivos  e  utilizar ferramentas de  avaliación.


Por último  recomendou unha incorporación gradual das TIC comezando polo  máis  sinxelo e  adaptado  ao  noso alumnado. 

A webinar rematou con unha quenda de preguntas moi interesante onde se abordaron diversos temas , entre outros a avaliación competencial utilizando ferramentas TIC, a incorporación a Edixgal doutras etapas e disciplinas, etc.





Unha xornada moi interesante e útil para tódolos perfís de profesorado que Mª José abordou dun xeito ameno, moi estruturado e claro . Grazas!

Podes ver a presentación no apartado Recursos desta web.

domingo, 10 de xaneiro de 2021

Work Café virtual: Claves para a incorporación (con sentidiño) das tecnoloxías na aula

 Comeza o novo ano e entramos nunha posible terceira onda da pandemia COVID-19 na que o profesorado ten que enfrentarse a unha gran heteroxeneidade nas aulas. Desde alumnado confinado, ate posible peche dalgunha clase ou reforzo indiviualizado dalgún alumnos e alumnas froito do confinamento do 2020. Por este moivo, desde FEAE Galicia achamos interesante adicar o Work Café de xaneiro á utilización das tecnoloxías nas aulas. 

Contaremos coa presenza de María José Fernández Barreiro

Educadora Social e Pedagoga, con 20 anos no sector da formación on-line responsable de creación de contidos formativos para diversas organizacións, entre elas os libros dixitais que Netex ofrece a través do proxecto e-dixgal en máis de 400 centros educativos galegos. 

Actualmente é consultora pedagóxica e participa no deseño, desenvolvemento e teste de aplicacións educativas dentro de Netex. 

No webinar veremos algunhas claves sobre cómo incorporar as tecnoloxías, pero usando o sentido común, analizando e usando aquilo que realmente precisemos e nos resulte de utilidade para o proceso pedagóxico.



Para inscribirse na sesión só hai que preencher este formulario: 

                                         https://forms.gle/Dh1kFBQAtfadJsPw6

DATA LÍMITE DE INSCRPCIÓN: 26/01/2021 as 00:00

Uns días antes do evento enviarémosvos o link do chat .

Se queredes deixar alguha pregunta para enviarlle á poñente, podedes fazelo  desde o formulario de contacto á dereita deste post.