As liñas prioritarias de actuación do FEAE

Promover a reflexión e creación de significados compartidos sobre a educación do século XXI. ▪ Establecer intercambios bilaterais e multilaterais a nivel autonómico, estatal e europeo ▪ Crear relacións e lazos persoais entre os seus membros ▪ Compartir e incrementar novos coñecementos profesionais

Cales son as actividades que realizamos?

Ceas–coloquio e Work-café: Nunha ou máis ocasións ao longo do curso escolar reunímonos arredor de temas de actualidade para debater as propostas que sobre o mesmo nos presentan relatores de prestixio.

Quen formamos o FEAE?

Profesionais da educación de cada país: profesorado, membros da inspección educativa, membros de equipos directivos, asesores e asesoras,…etc

Que vantaxes ten ser socio?

• Participar en todos os encontros e foros para a reflexión educativa que o FEAE organiza en Galicia. • Coñecer de antemán as propostas e novidades que se dan no sistema educativo galego, do estado e europeo. • Responder ás demandas de asesoramento sobre cuestións educativas que diversas Administracións realizan ao FEAE europeo. • Recibir no domicilio a revista “OGE” e o acceso á mesma a través da páxina web (www.feae.eu). • Elaborar artigos para ser publicados nesta revista.

mércores, 23 de decembro de 2020

Felices Festas!


 

xoves, 3 de decembro de 2020

Renovación Xunta Directiva

Na reunión da asamblea xeral anual de FEAE Galicia, celebrada o 27 de novembro, procedeuse á renovación da xunta directiva, que queda constituida por: 

  PRESIDENTA                  Susana Vázquez 


   VICEPRESIDENTE         Rafael Rodríguez 



   SECRETARIA                  Rebeca Núñez 



  TESOREIRA                     Alejandra Candal

    VOGAIS:                          Juanjo Félez Pérez,  Antonio Leonardo Pastor, Marta Peña                                                 Arena , Francisco José Roca Moro e Charo Vázquez                                                                Mourín.

mércores, 2 de decembro de 2020

Número 7 de la Revista Dyle: Dirección y Liderazgo Educativo

 




EDITORIAL

Emilio Veiga

ACTUALIDAD
MADIGESC: un modelo de evaluación de la madurez digital escolar
Jordi Serarols Boada

COLUMNA
Gestión y atención a la diversidad en los centros educativos
Arturo Cairós

¿Cuáles son las nuevas necesidades que se detectan en el alumnado como consecuencia de la reapertura de las escuelas después del cierre por el Covid-19?
Daniel Rodríguez Arenas

MONOGRÁFICOS
Liderazgo docente. Qué entendemos por el buen profesor
Graciela Pérez | María Luisa Fernández | Manuel Álvarez |
Mauro Sánchez | Alicia Rodríguez Gómez | Ana Pedreño-Santos

ENTREVISTA

Serafin Antúnez
Manuel Álvarez

INVESTIGACIÓN
Estado actual de la investigación sobre el buen profesor 
Manuel Álvarez

EXPERIENCIAS
Hoy viene al cole…
María A. Barceló Martínez

Aprendizaje Basado en Retos durante el confinamiento en el aula virtual de música
Antonio J. Calvillo

RESEÑA LIBRO

HERRAMIENTAS PARA LA CREACIÓN
Liderazgo ditribuido
Alejandro Campo | Alfonso Fernández

 

sábado, 26 de setembro de 2020

VÍDEO DA MESA REDONDA: "Xestionar a incerteza"

 Baixo o título de "Xestionar a incerteza. O papel das asociacións do profesorado en tempos de crise", tivo lugar o 24 de setembro unha mesa redonda on-line moderada por Susana Vázquez, vicepresidenta de FEAE Galicia

Participaron Xulio Taboada, en representación de AGAPEMA; Francisco Lires, da Federación de asociacións de equipos directivos de primaria de Galicia; Pepe Ramos, de Nova Escola Galega; Paloma Blanco, de ENCIGA; e Juanjo Félez en representación de FEAE.
Ante a imposibilidade de facer esta mesa redonda presencial, que era a intención inicial, os ponentes a través de video-conferencia deron a coñecer as súas asociacións, a maioría delas cunha longa traxectoria de traballo asociativo, resaltaron a importancia e os beneficios para o profesorado de estar asociados e deron a coñecer as súas actividades.
A continuación centraron especialmente a súa exposición en reflexionar sobre a situación educativa que estamos vivindo a consecuencia da pandemia e plasmaron un panorama certero das propostas educativas que se deberían incluir para abordar con eficiencia e responsabilidade esta nova realidade educativa e social que estamos a vivir e que probablemente marcará o noso presente e futuro inmediato.


MESA REDONDA: "Xestionar a incerteza"

Baixo o título de "Xestionar a incerteza. O papel das asociacións do profesorado en tempos de crise", tivo lugar o 24 de setembro unha mesa redonda on-line moderada por Susana Vázquez, vicepresidenta de FEAE Galicia Participaron Xulio Taboada, en representación de AGAPEMA; Francisco Lires, da Federación de asociacións de equipos directivos de primaria de Galicia; Pepe Ramos, de Nova Escola Galega; Paloma Blanco, de ENCIGA; e Juanjo Félez en representación de FEAE. Ante a imposibilidade de facer esta mesa redonda presencial, que era a intención inicial, os ponentes a través de video-conferencia deron a coñecer as súas asociacións, a maioría delas cunha longa traxectoria de traballo asociativo, resaltaron a importancia e os beneficios para o profesorado de estar asociados e deron a coñecer as súas actividades. A continuación centraron especialmente a súa exposición en reflexionar sobre a situación educativa que estamos vivindo a consecuencia da pandemia e plasmaron un panorama certero das propostas educativas que se deberían incluir para abordar con eficiencia e responsabilidade esta nova realidade educativa e social que estamos a vivir e que probablemente marcará o noso presente e futuro inmediato.

domingo, 6 de setembro de 2020

Xestionar a incerteza


A situación de confinamento derivada da pandemia supuxo e supón un reto importante de adaptación da docencia.

Pasamos dunha docencia de “emerxencia”,á un novo curso no que estamos comenzando a planificar até chegar a unha desexable volta á normalidade onde as prácticas positivas de este período entren a formar parte da escola transformando a docencia.

Unha situación de incerteza onde invitamos á unha representación das asociacións do profesorado galego para debatir sobre metodoloxías que deben ser impulsadas e consolidadas na escola,  conversar sobre a resposta á situación actual de cara o novo curso e perfilar os elementos clave para optimizar os distintos tipos de docencia: presencial, semipresencial e online.

Con este obxectivo, o  24 de setembro de 18:30 a 20:00, celebraremos unha mesa redonda virtual cos presidentes e presidenta de AGAPEMA (Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática), ENCIGA ( Ensinantes de Ciencias de Galicia) , FEAE Galicia,  FEGADICEP (Federación Galega de Asociacións de Directivos de Colexios de Ensino Público) e Nova Escola Galega.




Para inscribirse na sesión só hai que preencher este formulario: 


https://forms.gle/GJnuHYG44YF1Ek3QA


Uns días antes do evento enviarémosvos o link do chat .

Se queredes deixar alguha pregunta para enviarlle as asociacións, podedes fazelo nos comentarios de este post.


mércores, 2 de setembro de 2020

Número 6 Revista DYLE : Pactos Educativos

O Forum Europeo de Administradores da Educación acaba de publicar o número 6 da revista “Dirección y Liderazgo Educativo”(Dyle). O monográfico está dedicado aos Pactos Educativos, xunto co resto de artigos que podedes ver no Sumario.




martes, 30 de xuño de 2020

FELICES VACACIÓNS


Apreciados amigos e amigas de FEAE Galicia

O seísmo que supuso a aparición súbita e inesperada da pandemia trouxo cambios nas nosas vidas a nivel persoal, social e profesional. Esperamos que como sociedade saibamos comprender a necesidade de efectuar os cambios que nos permitan afrontar o futuro con mellores perspectivas.

Como sabedes, a consecuencia desta situación tivemos que suspender todas as actividades presenciais que tiñamos programadas en FEAE: os work-cafés, a cea de fin de curso, o segundo encontro transcantábrico e o encontro iberoamericano de Lisboa. Estes dous últimos quedan aprazados ao 2021.

Pero queremos ser optimistas e pensar que no curso 2020-21 poderemos retomar as nosas actividades e volver a ter a oportunidade de vernos e compartir experiencias.

 

Para empezar o curso, o día 11 de setembro, venres, celebraremos unha mesa redonda con participación de representantes de ENCIGA, AGAPEMA, Nova Escola Galega, Asociación de directores de Secundaria e Federación de equipos directivos de primaria.

Teremos ocasión de coñecer a finalidade destas asociacións e escoitar as súas propostas sobre as consecuencias que a nivel educativo deberíamos extraer desta situación que acabamos de vivir.

Previa a esa mesa redonda aproveitaremos para facer a Asamblea Xeral de socios de FEAE, onde se expondrá a programación de actividades para o vindeiro curso e procederemos ao relevo na Presidencia da nosa asociación. A proposta é que pase a ocupar a Presidencia Susana Vázquez, actual vicepresidenta.

 

Esperando poder saudarnos ese día aproveito para desexar a todos unhas felices e merecidas vacacións.

 

Un cordial saúdo

xoves, 12 de marzo de 2020

Número 5 Revista Dyle

 


martes, 3 de marzo de 2020

SEGUNDO ENCONTRO TRANSCANTABRICO

   A fin de semana do 24 e 25 de abril celebraremos en Avilés o segundo encontro transcantábrico dos foros de Cantabria, País Vasco, Asturias e Galicia, cun atractivo programa preparado polos amigos asturianos.
Como no anterior encontro o foro de Galicia terá unha participación moi activa nas xornadas.

luns, 3 de febreiro de 2020

CAFÉ DE TRABALLO O 14 DE FEBREIRO

O venres 14 de febreiro, de 6'30 a 8'30, na facultade de ciencias da educación da universidade de Coruña celebraremos un work-café dinamizado por Ana Torres no que teremos ocasión de reflexionar e dialogar sobre a educación en valores, a igualdade, a convivencia e a colaboración da comunidade educativa na educación integral do alumnado.

sábado, 25 de xaneiro de 2020

ACTIVIDADES SEGUNDO TRIMESTRE


Apreciados amigos e amigas

Co  segundo trimestre do curso xa en marcha informamos das actividades previstas para socios e simpatizantes de FEAE Galicia, para que as anotedes nas vosas completísimas axendas e vos animedes a participar nelas.

 O próximo work-café terá lugar o 14 de febreiro, venres, en horario de 7 a 9, na facultade de ciencias da educación de A Coruña. A dinamizadora será Ana Torres Jack, orientadora educativa, con gran experiencia en formación e autora de numerosas publicacións que abordará o tema da educación en valores. A raíz do  engañoso debate sobre o chamado "pin parental" creemos que en FEAE debemos salientar a importancia da escola como lugar de convivencia, respeto e democracia, onde toda a comunidade educativa colabora na formación integral do alumnado.  Será unha boa ocasión para reflexionar entre todos e aportar as nosas experiencias e propostas. Contamos coa vosa asistencia.

Máis tarde mandaremos o cartel para que o podades difundir entre compañeiros e amizades.

 A pasada semana publicouse o número 4 da nosa revista "dyle", con artigos de moito interés. Algúns dos artigos son de compañeiros galegos ou fan referencia a experiencias en Galicia. Esperamos que todos teñades acceso a ela. Se alguén esqueceu a súa contrasinal dende a portada da revista podedes solicitar unha nova facilitando o voso correo.

 Na fin de semana do 24 e 25 de abril celebraremos o segundo encontro transcantábrico dos foros do norte que  será en Gijón, nas fabulosas instalacións da Universidade Laboral. Ainda que queda tempo sería interesante coñecer as persoas interesadas en asistir, especialmente polo tema de reserva de aloxamento e o transporte.

O primeiro encontro en Cantabria resultó moi positivo así que esperamos que vos animedes a asistir a este segundo encontro e que a representación de Galicia sexa como sempre numerosa e de calidade. Respondede a este mesmo correo para confirmar a vosa asistencia.

 Aproveitamos para lembrar que na primeira semana de febreiro pasaremos o cobro dos recibos da cuota de FEAE. Estade pendentes para evitar que haxa devolucións, que sempre resultan un gasto inútil.

Un cordial saúdo
 
Juanjo Félez - Presidente FEAE Galicia

sábado, 18 de xaneiro de 2020

Número 4 de la revista "dyle", Dirección y Liderazgo educativo