As liñas prioritarias de actuación do FEAE

Promover a reflexión e creación de significados compartidos sobre a educación do século XXI. ▪ Establecer intercambios bilaterais e multilaterais a nivel autonómico, estatal e europeo ▪ Crear relacións e lazos persoais entre os seus membros ▪ Compartir e incrementar novos coñecementos profesionais

Cales son as actividades que realizamos?

Ceas–coloquio e Work-café: Nunha ou máis ocasións ao longo do curso escolar reunímonos arredor de temas de actualidade para debater as propostas que sobre o mesmo nos presentan relatores de prestixio.

Quen formamos o FEAE?

Profesionais da educación de cada país: profesorado, membros da inspección educativa, membros de equipos directivos, asesores e asesoras,…etc

Que vantaxes ten ser socio?

• Participar en todos os encontros e foros para a reflexión educativa que o FEAE organiza en Galicia. • Coñecer de antemán as propostas e novidades que se dan no sistema educativo galego, do estado e europeo. • Responder ás demandas de asesoramento sobre cuestións educativas que diversas Administracións realizan ao FEAE europeo. • Recibir no domicilio a revista “OGE” e o acceso á mesma a través da páxina web (www.feae.eu). • Elaborar artigos para ser publicados nesta revista.

luns, 26 de novembro de 2018

CAFÉ-TERTULIA CON JESÚS GARRIDO


O pasado 22 de novembro celebrouse , na facultade de ciencias da educación da UDC,  o segundo Work Café baixo o título “Aula a dous”.
Nesta ocasión acompañounos Jesús Garrido, pedagogo con unha extensa e recoñecida experiencia na formación docente en España e Portugal, asesor pedagóxico  da Ruta Quetzal, e fundador do programa Prensa Escuela, entre outros proxectos.



O profesor Garrido, falounos de un programa de adestramento na aula, a metodoloxía “Aula a dous” tamén coñecida como “co-teaching”,

En primeiro lugar  mostrounos as 6 funcións principais que acostuman a desenvolverse nesta metodoloxía , e aportou recursos para levala á aula , propondo contidos e actividades para cada unha das funcións.

En segundo lugar, definiu os 5 indicativos que diferencian “aula a dous” de outras formas de traballo na aula colaborativa e que deben darse para que a experiencia dual teña éxito (interacción presencial, interdependencia grupal influencia mutua, información técnica e incidencia nos resultados)

Por último, explicou as vantaxes da implantación de esta metodoloxía para a observación con vídeo na aula. 

Mostrounos un programa de “Observación na aula” que leva desenvolvendo desde os anos 70  coa interacción verbal  á que engadiu no 2015 á interacción visual por medio de  innovacións tecnolóxicas como o método Swivl, un sistema que grava todas as interaccións do profesor na clase.

Na metodoloxía de Observación, dous profesores gravan o seu  propio traballo e o someten despois a unha análise, discusión e reflexión participativa con expertos, buscando a mellor solución para o seu progreso.

Na revista OGE de novembro podedes acceder á información completa sobre “aula a dous” e na páxina de Prensa Escuela, na sección de “Leccións” podedes acceder a distintos recursos e actividades.

venres, 23 de novembro de 2018

Work-café "Aula a dous" 22/11/2018















mércores, 7 de novembro de 2018

Xornada de traballo coa ministra de educación

O 6 de novembro o ministerio de educación celebrou un foro de discusión cun panel de expertos de todo o estado español co título de "EDUCAR PARA EL SIGLO XXI. Desafíos y propuestas sobre la profesión docente".
Coa participación de figuras relevantes no ámbito educativo  se formularon propostas sobre a formación inicial do profesorado, a selección do mesmo, as prácticas, o chamado MIR educativo e a formación permanente.
Tivemos a honra de que a nosa asociación, FEAE, fora invitada pola ministra para participar nese foro de debates, o que demostra que as nosas actuacións e opinións merecen a pena ser consideradas.
Por parte de FEAE participaron activamente no mesmo o seu presidente, Alfonso, e o vicepresidente, Emilio.

martes, 6 de novembro de 2018

Work-café sobre experiencias didácticas colaborativas

O pasado 28 de setembro, na facultade de ciencias da educación tivo lugar o primeiro café tertulia dos programados para este curso escolar.
Co título de "Experiencias didácticas colaborativas" tivemos ocasión de coñecer o traballo que realizan nos seus centros os ponentes que amablemente quiseron compartir esa tarde con nos.
José Viñas e Nachos Ruiz, do IES David Buján presentáronnos a experiencia "Abrindo as xanelas da aula".
Co título de "Realidade virtual e Storytelling" Begoña Codesal falounos do traballo que levan elaborando dende hai tempo no Ceip Ponte dos Brozos.
E Montse Sancho, da escola infantil de Montealto mostrounos a actividade "Espacios compartidos na tenda de Antón"

domingo, 4 de novembro de 2018

Revista OGE



Organización e Xestión Educativa está aberta á colaboración da comunidade académica e profesional. En todas as seccións habituais da revista recíbense  achegas.Un sistema de xuíces decidirá a publicación en base a criterios de rigor académico, interese e  calidade. Os artigos non publicados serán devoltos nun prazo non superior a tres meses.

sábado, 3 de novembro de 2018

Cartel Work-café - 22 novembro 2018


xoves, 1 de novembro de 2018

Xunta Directiva

Junta Directiva


Presidencia:        Juan José Félez Pérez
Vicepresidencia: Susana Vázquez
Secretaría:          Rafael Rodríguez 


Vogais:
Mercedes González Sanmamed
Begoña Mosquera
Charo Vázquez Mourín
Andrés Soto Domínguez
María Isabel Calvo Díaz
Marta Pena Area
Enrique Barrera Rodríguez
Xosé Ramón Mouriño Méndez