As liñas prioritarias de actuación do FEAE

Promover a reflexión e creación de significados compartidos sobre a educación do século XXI. ▪ Establecer intercambios bilaterais e multilaterais a nivel autonómico, estatal e europeo ▪ Crear relacións e lazos persoais entre os seus membros ▪ Compartir e incrementar novos coñecementos profesionais

Cales son as actividades que realizamos?

Ceas–coloquio e Work-café: Nunha ou máis ocasións ao longo do curso escolar reunímonos arredor de temas de actualidade para debater as propostas que sobre o mesmo nos presentan relatores de prestixio.

Quen formamos o FEAE?

Profesionais da educación de cada país: profesorado, membros da inspección educativa, membros de equipos directivos, asesores e asesoras,…etc

Que vantaxes ten ser socio?

• Participar en todos os encontros e foros para a reflexión educativa que o FEAE organiza en Galicia. • Coñecer de antemán as propostas e novidades que se dan no sistema educativo galego, do estado e europeo. • Responder ás demandas de asesoramento sobre cuestións educativas que diversas Administracións realizan ao FEAE europeo. • Recibir no domicilio a revista “OGE” e o acceso á mesma a través da páxina web (www.feae.eu). • Elaborar artigos para ser publicados nesta revista.

luns, 24 de outubro de 2022

Ramón Flecha: Criterios para diferenciar os bulos das evidencias científicas que melloran os resultados educativos

Ramón Flecha, referente mundial na educación basada en evidencias de impacto social, impartíu a conferencia que pon título a este post no marco da  Cidade da Cultura o domingo 23 de outubro do 2022 nas XXIX Jornadas Estatales de FEAE. 

Neste link, tedes acceso á presentación.




Sostenibildade no camiño: Entendemento, tolerancia e solidaridade no Camiño de Santiago

 Pilar Taboada de Zúñiga participou no peche das XXIX Jornadas Estatales de FEAE coa ponencia "La sostenibilidad como herramienta pedagógica en el aula de ELE: entendimiento, tolerancia y solidaridad en el Camino de Santiago".

Na súa intervención puxo en valor a función do Camiño de Santiago como eixo globalizador de distintas culturas así como de transmisión de valores como a  sostibilidade, a tolerancia e a solidaridade, poñendo énfase no labor dos Cursos  Internacionais da USC no ensino de línguas, formación do profesorado e cursos sobre o Camiño. 

Preme na imaxe para acceder á intervención.







Federico Mayor Zaragoza no 40 aniversario de FEAE: "La humanidad, ojos del Universo"

 Federico Mayor Zaragoza, clausurou as XXIX Jornadas Estatales de FEAE invitándonos a unha lectura reflexiva do documento "La humanidad, ojos del Universo" que sirveu como un magnífico peche de celebración dos 40 anos de FEAE. 

Esperanza, compromiso co planeta Terra, educación, alzamento da "Voz dos pobos"... un manifiesto que debería ser folla de ruta para todos e todas os que nos preocupamos pola educación. 



domingo, 23 de outubro de 2022

40 anos de FEAE

 Juan Salamé, exdirector da FEAE Nacional, resumio nesta presentación os 40 anos de andadura do Forum Europeo de Administradores da Educación. Unha honra para FEAE Galicia, poder dar cobertura a un evento con tanta carga simbólica na nosa organización. Pedro Navareño,  Codirector da Cátedra Escalar para a Innovación Educativa da Universidade de Málaga e un histórico de FEAE Extremadura. 





sábado, 22 de outubro de 2022

Facendo rede

 Máis de 15 comunicacións de universidades e escolas de América do Sur e México, con outras 16 do ámbito educativo español, conformaron un espazo de intercambio de experiencias  moi enriquecedor no marco das XXI Jornadas Estatales de FEAE. 

Os traballos presentados estaban divididos en catro bloques: Sostibilidade, Xusticia Social, Educación para todos e todas e Formación Profesional e serán publicados nun monográfico sobre as xornadas na revista Dyle.






Aprender en entornos non formais

 Marcos Pérez Maldonado, coordinador dos Museos Científicos Coruñeses, deleitounos cunha charla interactiva na que disfrutamos e aprendemos de ciencia, espazos de aprendizaxe non formais e da historia e bon facer dos Museos Científicos Coruñeses.





Espazo de debate: Novos retos sociais, novos retos educativos:ODS e Axenda 2030

 O sábado 22 de outubro D.  Moisés Canle López (Catedrático de Química Física en la UDC e director da Cátedra Emalcsa – UDC), D. Pablo César Muñoz Carril (Profesor Titular da USC e director do Grupo de Investigación Educativa Mestura), D.  Miguel Anxo Santos Rego (Catedrático de Teoría e Historia da Educación da USC. e director del Grupo de Investigación ESCULCA) e Dª. Amparo Casares Gallego (Doctora en Arquitectura. Vicerrectora de Infraestructuras e Sustentabilidad da UDC) debatiron sobre os novos retos educativos e sociais que supón a apliación da Axenda 2030. O debate foi coordinado por Dª Azuzena Gozalo Ausín, vicepresidenta de FEAE.



Portugal Innovação Social

Filipe Almeida, presidente de Portugal Innovação Social, participou o sábado 22 de outubro nas XXIX Jornadas Estatales de FEAE, amosando o bo facer do noso país veciño no eido da Innovación Social na Educación. 

Tedes acceso ao seu relatorio nesta ligazón. 



venres, 21 de outubro de 2022

Novo Currículo e Axenda 2030: Unha Fusión imprescindible

 Francisco Luna,  exdirector do Instituto Vasco de Evaluación e Investigación Educativa  e  membro da comisión de expertos encargada da nova arquitectura curricular da LOMLOE compartíu no salón de actos da Domus na Coruña unha interesante palestra sobre as vinculacións do Currículo coa Axenda 2030.

Podedes vela aquí. 




xoves, 20 de outubro de 2022

Madurez dixital e transformación educativa: Aprender xuntos durante o Camiño.

Dª Mercedes González Sanmamed, Catedrática de Didáctica e Organización Escolar da UDC e Directora do Grupo de Investigación EIRA, inaugurou ás XXIX Jornadas Estatales de FEAE no paraninfo da UDC coa conferencia que pon título a este post e que podedes ver no vídeo da inauguración.