Baixo o título de "Xestionar a incerteza. O papel das asociacións do profesorado en tempos de crise", tivo lugar o 24 de setembro unha mesa redonda on-line moderada por Susana Vázquez, vicepresidenta de FEAE Galicia
Forum Europeo de Administradores da Educación
Promover a reflexión e creación de significados compartidos sobre a educación do século XXI. ▪ Establecer intercambios bilaterais e multilaterais a nivel autonómico, estatal e europeo ▪ Crear relacións e lazos persoais entre os seus membros ▪ Compartir e incrementar novos coñecementos profesionais
Ceas–coloquio e Work-café: Nunha ou máis ocasións ao longo do curso escolar reunímonos arredor de temas de actualidade para debater as propostas que sobre o mesmo nos presentan relatores de prestixio.
Profesionais da educación de cada país: profesorado, membros da inspección educativa, membros de equipos directivos, asesores e asesoras,…etc
• Participar en todos os encontros e foros para a reflexión educativa que o FEAE organiza en Galicia. • Coñecer de antemán as propostas e novidades que se dan no sistema educativo galego, do estado e europeo. • Responder ás demandas de asesoramento sobre cuestións educativas que diversas Administracións realizan ao FEAE europeo. • Recibir no domicilio a revista “OGE” e o acceso á mesma a través da páxina web (www.feae.eu). • Elaborar artigos para ser publicados nesta revista.
Baixo o título de "Xestionar a incerteza. O papel das asociacións do profesorado en tempos de crise", tivo lugar o 24 de setembro unha mesa redonda on-line moderada por Susana Vázquez, vicepresidenta de FEAE Galicia
A situación de confinamento derivada da pandemia supuxo e supón un reto importante de adaptación da docencia.
Pasamos dunha docencia de “emerxencia”,á un novo curso no que estamos comenzando a planificar até chegar a unha desexable volta á normalidade onde as prácticas positivas de este período entren a formar parte da escola transformando a docencia.
Unha situación de incerteza onde invitamos á unha representación das asociacións do profesorado galego para debatir sobre metodoloxías que deben ser impulsadas e consolidadas na escola, conversar sobre a resposta á situación actual de cara o novo curso e perfilar os elementos clave para optimizar os distintos tipos de docencia: presencial, semipresencial e online.
Con este obxectivo, o 24 de setembro de 18:30 a 20:00, celebraremos unha mesa redonda virtual cos presidentes e presidenta de AGAPEMA (Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática), ENCIGA ( Ensinantes de Ciencias de Galicia) , FEAE Galicia, FEGADICEP (Federación Galega de Asociacións de Directivos de Colexios de Ensino Público) e Nova Escola Galega.
Para inscribirse na sesión só hai que preencher este formulario:
https://forms.gle/GJnuHYG44YF1Ek3QA
Uns días antes do evento enviarémosvos o link do chat .
Se queredes deixar alguha pregunta para enviarlle as asociacións, podedes fazelo nos comentarios de este post.
O Forum Europeo de Administradores da Educación acaba de publicar o número 6 da revista “Dirección y Liderazgo Educativo”(Dyle). O monográfico está dedicado aos Pactos Educativos, xunto co resto de artigos que podedes ver no Sumario.