sábado, 25 de xaneiro de 2020
ACTIVIDADES SEGUNDO TRIMESTRE
xaneiro 25, 2020
Apreciados amigos e amigas
Co segundo trimestre
do curso xa en marcha informamos das actividades previstas para socios e
simpatizantes de FEAE Galicia, para que as anotedes nas vosas completísimas
axendas e vos animedes a participar nelas.
O próximo work-café terá lugar o 14 de febreiro, venres, en
horario de 7 a 9, na facultade de ciencias da educación de A Coruña. A
dinamizadora será Ana Torres Jack, orientadora educativa, con gran experiencia
en formación e autora de numerosas publicacións que abordará o tema da
educación en valores. A raíz do
engañoso debate sobre o chamado "pin parental" creemos que en
FEAE debemos salientar a importancia da escola como lugar de convivencia,
respeto e democracia, onde toda a comunidade educativa colabora na formación
integral do alumnado. Será unha boa
ocasión para reflexionar entre todos e aportar as nosas experiencias e
propostas. Contamos coa vosa asistencia.
Máis tarde mandaremos o cartel para que o podades difundir
entre compañeiros e amizades.
A pasada semana publicouse o número 4 da nosa revista
"dyle", con artigos de moito interés. Algúns dos artigos son de
compañeiros galegos ou fan referencia a experiencias en Galicia. Esperamos que
todos teñades acceso a ela. Se alguén esqueceu a súa contrasinal dende a
portada da revista podedes solicitar unha nova facilitando o voso correo.
Na fin de semana do 24 e 25 de abril celebraremos o segundo
encontro transcantábrico dos foros do norte que será en Gijón, nas fabulosas instalacións da Universidade
Laboral. Ainda que queda tempo sería interesante coñecer as persoas interesadas
en asistir, especialmente polo tema de reserva de aloxamento e o transporte.
O primeiro encontro en Cantabria resultó moi positivo así
que esperamos que vos animedes a asistir a este segundo encontro e que a
representación de Galicia sexa como sempre numerosa e de calidade. Respondede a
este mesmo correo para confirmar a vosa asistencia.
Aproveitamos para lembrar que na primeira semana de febreiro
pasaremos o cobro dos recibos da cuota de FEAE. Estade pendentes para evitar
que haxa devolucións, que sempre resultan un gasto inútil.
Un cordial saúdo
Juanjo Félez - Presidente FEAE Galicia