As liñas prioritarias de actuación do FEAE

Promover a reflexión e creación de significados compartidos sobre a educación do século XXI. ▪ Establecer intercambios bilaterais e multilaterais a nivel autonómico, estatal e europeo ▪ Crear relacións e lazos persoais entre os seus membros ▪ Compartir e incrementar novos coñecementos profesionais

Cales son as actividades que realizamos?

Ceas–coloquio e Work-café: Nunha ou máis ocasións ao longo do curso escolar reunímonos arredor de temas de actualidade para debater as propostas que sobre o mesmo nos presentan relatores de prestixio.

Quen formamos o FEAE?

Profesionais da educación de cada país: profesorado, membros da inspección educativa, membros de equipos directivos, asesores e asesoras,…etc

Que vantaxes ten ser socio?

• Participar en todos os encontros e foros para a reflexión educativa que o FEAE organiza en Galicia. • Coñecer de antemán as propostas e novidades que se dan no sistema educativo galego, do estado e europeo. • Responder ás demandas de asesoramento sobre cuestións educativas que diversas Administracións realizan ao FEAE europeo. • Recibir no domicilio a revista “OGE” e o acceso á mesma a través da páxina web (www.feae.eu). • Elaborar artigos para ser publicados nesta revista.

domingo, 28 de novembro de 2021

Feira de experiencias

 


O xoves 25 de novembro celebramos na Facultade de Ciencias da Educación da UDC o primeiro Café Coloquio de este curso 21-22 .

Baixo o epígrafe de Feira de Experiencias, desenvolvemos unha xornada na que compartimos o bo saber e facer de profesionais da educación en distintas áreas temáticas.

Montse Sancho, da Escola Infantil Municipal de Montealto na Coruña, mostrounos as aplicacións didácticas da robótica nas aulas de Infantil e a súa extrapolación a outras etapas. 

 Da man de Mónica Carneiro coñecemos e vivenciamos as bases da Disciplina Positiva e co equipo de Laura Adela e Diego Rúa utilizamos dun xeito práctico e dinámico a incorporación do traballo por competencias á programación de aula, a partir dunha actividade baseada na Realidade Aumentada.

Con Begoña Codesal elaboramos a nosa primeira fotografía inmersiva e reflectimos sobre as súas aplicacións na aula. 

O equipo de Argalla mostrounos os materiais que elaboran e a súa utilización nas distintas etapas educativas e  disfrutamos con Ana Rodríguez de Crecer creando das posibilidades dos xogos matemáticos que nos presentou.

Esta primeira xornada presencial foi especialmente emotiva para todos e todas as asistentes por ser a primeira vez que nos reencontrábamos de novo despois da pandemia e por coincidir co Día Mundial da Violencia Machista, conmemoración  e denuncia que tivemos presente durante todo o evento. 

Por protocolo COVID, tivemos que limitar o evento a 35 asistentes, polo que pedimos desculpas a todas as persoas as que non pudemos confirmar a asistencia.

Esperamos que podamos xuntarnos todos e todas o 24 de febreiro do 2022, data en que celebraremos o segundo Café Coloquio. 

martes, 14 de setembro de 2021

Benvida ao novo curso 2021-2022

 Inmersos no novo curso escolar, desde FEAEGA queremos darvos a benvida ao novo curso escolar e convidarvos a formar parte da nosa organizacion para compartir e aprender xuntos. 

Nos próximos días publicaremos a programación do primeiro trimestre de curso e aproveitamos para convidarvos a compartir as vosas experiencias na web de FEAEGA no correo feaegalicia@gmail.com e que serán publicadas no apartado de Boas Prácticas educativas da nosa web.

Animámosvos  a difundir entre os vosos compañeiros e compañeiras as vantaxes de asociarse a FEAEGA.

Grazas polo voso apoio e difusión e feliz inicio de curso!




venres, 11 de xuño de 2021

Resumo dos proxectos premiados na I Convocatoria de Premiso FEAEG 20-21

 


Grazas á Editorial Anaya e Galaxia por patrocinar a publicación dos proxectos gañadores da I Edición de Premios FEAEG 20-21

Entrega de Premios á Innovación Educativa FEAEG 20-21

O xoves 10 de Muño celebramos o acto de entrega dos Premios  FEAEG de Innovación Educativa 2021.

O acto estivo presidido polo Concelleiro de Educación do concello da Coruña, D.Jesús Celemín Santos, que destacou o labor da FEAEG no eido da educación en Galicia e mostrou a súa satisfacción porque  o concello fose o lugar de entrega dos premios. 


Dª Susana Vázquez, presidenta de FEAEG agradeceu  o apoio institucional  de todas  as entidades colaboradoras (Concello da Coruña, UDC, USC, CSIC Galicia e  Editorial Anaya/Galaxia) como elementos clave para o impulso destes premios  e o labor e o apoio dos membros de FEAE. 

Especialmente, agradeceu o traballo do profesorado e equipo directivo dos centros que se presentaron á candidatura. 

 

A continuación resumiu a traxectoria  de FEAE e de FEAEG, e convidou aos asistentes a compartir e participar en FEAEG como  espazo plural  e diverso para debatir, reflexionar e sumar na mellora  da educación en Galicia.Asimismo destacó a  calidade da revista  Dyle onde serán publicados os proxectos dos centros ganadores. 

Por último resumiu cada un dos proxectos presentados.


D, Rafael Rodríguez Romar, vicepresidente de FEAG, presentou os proxectos premiados e agradeceu o labor do xurado comportó por profesorado da Universidade da Coruña e De Santiago de Compostela,  a responsable da UCC do CSIC en Galicia, inspectores de educación e profesorado e directores de centros educativos de Primaria e Secundaria.



Na  Modalidade A, para proxectos de centros educativos de Educación Infantil (0-6), Primaria, Secundaria, Formación Profesional e Educación Especial, o  proxecto de educación sustentable premiado é  Axenda 2030: construido o futuro presentado polo IES Universidade Laboral de Culleredo. 

Os profesores responsables do proxecto,  a coordinadora Dª Paloma Terrón, o director do centro e dous alumnos de FP básica.


Na Modalidade B, para proxectos  de equipos de profesorado de centros educativos de Educación Infantil (0-6), Primaria, Secundaria,  Formación Profesional  e Educación Especial, o proxecto ,premiado é  Historia ducha viaxe , un proxectp tse achegameto ao patrimonio a través das tecnoloxías, coordinado por Dº Judith Varela do CEIP Ponte dos Brozos en Arteixo,  e presntado pola profesora Ana Touriñán.


 As Aulas Hospitalarias do Materno Infantil Teresa Herrera recibieron a Mención Honorífica pola sea labor solidario e inclusivo co sea proxecto  Artivistas: Unha escola cos pé na terra, presentado por Laura Lizancos, coordinadora do proxecto.

A presidenta de FEAEG anunció a próxima convocatoria dos premios no inicio do curso 21-22.

O acto foi clausurado por D. Jesús Celemín Santo , Conselleiro de Educación do concello da Coruña.


Grazas a todos e todas por unha jornada onde podemos disfrutar, compartir experiencias e boas prácticas.

venres, 21 de maio de 2021

Resolución dos Premios FEAE Galicia de Innovación Educativa

 



  O  xurado da convocatoria dos I Premios FEAE Galicia de Innovación Educativa,  tras valorar as excelentes  propostas enviadas, decidiu otorgar os seguintes premios:


MODALIDADE A:  Para proxectos de centros educativos de Educación Infantil (0-6), CRA, Primaria, Secundaria, Formación Profesional e Centros de Educación Especial. 

"Axenda 2030 : Construindo un novo mundo"proxecto presentado polo IES Universidade Laboral de Culleredo. 

MODALIDADE B:  Para proxectos de  equipos de profesorado de centros educativos de Educación Infantil (0-6), CRA, Primaria, Secundaria, Formación Profesional e Centros de Educación Especial. 

Historia dunha Viaxe proxecto coordinado por Judith Varela Quintela do CEIP Ponte dos Brozos en Arteixo.

MENCIÓN HONORÍFICA:  ao proxecto "Artivistas"  da Aula Hospitalaria do  Hospital Materno Infantil Teresa Herrera da Coruña. 

O acto de entrega dos Premios terá lugar o xoves 10 de xuño do 2021 no Salón de Plenos do Concello da Coruña as 18.30.

venres, 5 de marzo de 2021

Premios Forum Europeo Galicia 2020-2021

Ampliado o prazo de presentación de traballos á Convocatoria para proxectos innovadores na educación galega.

Forum Europeo de Administradores da Educación (Galicia)










Os Premios FORUM EUROPEO GALICIA 2020-2021 buscan identificar recoñecer e promover a centros educativos e a grupos de docentes  comprometidos e comprometidas coa innovación educativa, a través do desenvolvemento de iniciativas didácticas que axuden a construír unha rede de propostas educativas que inspiren transformación e innovación e que sexan facilmente transferibles a outras contornas educativas. 

Os traballos deben responder a unha necesidade de mellora educativa concreta e animar a outros colectivos desenvolvendo a potencialidade do traballo en equipo colaborativo. 

Os Premios destacan as iniciativas que se consideran máis creativas e efectivas para atopar solucións aos desafíos educativos en calquera nivel educativo e en todas as contornas. 

Destacarán proxectos de revitalización de centros educativos dirixidos a desenvolver a innovación educativa en ámbitos curriculares, tecnolóxicos, metodolóxicos, didácticos e organizativos dos diferentes niveis e etapas do sistema educativo.


Sobre o premio


 Os proxectos seleccionados son modelos de excelencia que serven como inspiración para que outros melloren a educación a través da innovación e a acción creativa. Cada un dos proxectos gañadores dos premios FORUM EUROPEO GALICIA 2020-2021 será presentado publicamente e beneficiarase do maior interese público a través da exposición de medios e outras canles, ademais, a revista do FORUM EUROPEO NACIONAL (DYLE) fará eco dos proxectos premiados que serán adaptados ás normas de publicación da revista polos autores e autoras dos proxectos seleccionados. 


Xurado e resolución dos premios 


O xurado estará composto por membros de recoñecido prestixio e implicación dentro do ámbito educativo entre os que se atoparán membros do propio Forum Europeo de Galicia, CSIC Galicia, Universidades Galegas e da Consellería de Educación.

O fallo inapelable do xurado será o 21 de maio e comunicarase directamente aos interesados.

Publicarase con antelación unha lista de finalistas no blogue de FEAE GALICIA http://www.feaegalicia.com/, así como, posteriormente a resolución definitiva dos Premios. 

Forum Europeo da Educación de Galicia (FEAEGalicia) resérvase o dereito de publicación dos proxectos finalistas no blogue, sen fins lucrativos, podendo utilizalos en accións encamiñadas á mellora da educación. 


Modalidades 


Propóñense dúas modalidades ás que poder presentarse: 


Modalidade A: para proxectos de centros educativos de Educación Infantil (0-6), CRA, Primaria, Secundaria e Formación Profesional e Centros de Educación Especial.


Modalidade B: para proxectos  de equipos de profesorado de centros educativos de Educación Infantil, Primaria Secundaria e Formación Profesional e Centros de Educación Especial.


1. Os proxectos serán presentados por centros educativos e/ou por equipos de profesorado de centros educativos de Galicia nas modalidades A e/ou B, non podendo presentarse en máis dunha modalidade co mesmo proxecto. 

2. Os proxectos das modalidades A e B terán que realizarse no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

3. Deben presentarse en lingua galega ou  lingua castelá, indistintamente.


Criterios de selección 


Os Premios FORUM EUROPEO GALICIA 2020-2021 recoñecen proxectos educativos innovadores.

 Búscanse iniciativas educativas continuas, innovadoras e impactantes que: 


• Supoñan a revitalización dun centro educativo 

• Que contemplen indicadores para desenvolver unha educación inclusiva e. de equidade

 • Que desenvolvan a convivencia participativa e positiva en calquera etapa educativa 

• Que fosen efectivamente implementados na aula 

•  Que sexan economicamente e ambientalmente sostibles

• Que presenten obxectivos claros na planificación e desenvolvemento do proxecto 

• Que sexan replicables e transferibles a outros contextos educativos 

• Que dispoñan dun claro compoñente innovador e uns principios de deseño baseados na investigación educativa.

 • Que desenvolvan enfoques didácticos e/ ou organizativos que busquen dar resposta ás necesidades do seu alumnado. Necesidades que varían en función do seu contexto sociocultural, pero tamén en función dous cambios que, a nivel global, estanse a experimentar na sociedade. 


Criterios de valoración


 O Xurado terá en conta os seguintes criterios de valoración: 

• Coherencia interna do proxecto (atendendo á concreción de obxectivos, aos principios de deseño baseados na investigación educativa a súa xustificación, o desenvolvemento das tarefas, unha exposición clara de resultados e propostas de mellora) 

• Contido innovador e importancia do traballo en equipo e colaborativo (destacando o desenvolvemento do pensamento creativo, crítico a autonomía do alumnado e a súa participación activa no proxecto) 

• Posibilidade de transferencia do proxecto a outras contornas educativas

 • Directrices de sustentabilidade ambiental,  igualdade e equidade educativas na planificación do proxecto.


Solicitude e Prazos de Presentación


PRAZO DE INSCRICIÓN E PRESENTACIÓN DO PROXECTO NA WEB DO FEAE Galicia http://www.feaegalicia.com 


O formulario de inscrición aos Premios FORUM EUROPEO  GALICIA 2020-2021 estará dispoñible na páxina web do FEAE-Galicia, a partir do 22 de marzo.

 O formulario de inscrición permitirá enviar todos os datos de contacto necesarios para o rexistro do proxecto así como os arquivos coa documentación necesaria para a valoración do proxecto. 


Para calquera dúbida en relación á inscrición do proxecto poden poñerse en contacto coa organización na dirección de correo feaegalicia@gmail.com


 Os traballos recibiranse desde o 22 de abril até o 30 de abril do 2021.


 Formato de Presentación


1.- Síntese do proxecto en formato pdf (letra Arial 12, interlineado sinxelo).

2.- Material audiovisual (fotos, vídeos, webs). No caso de enviar arquivos de imaxe,non  deben exceder os 10 MG. Preferiblemente enviaranse como  ligazóns, até un máximo de 5 arquivos e/ou 5 ligazóns

 3.-Memoria explicativa do traballo coas seguintes características: en formato pdf, letra Arial 12, interlineado sinxelo e un máximo de 15 páxinas, débense incluír as imaxes e as referencias aos posibles vídeos. 

Esta Memoria debe conter os seguintes puntos: 

• Título (pódese usar un subtítulo) 

• Resumo, con palabras chave (breve exposición do proxecto nun máximo 50 palabras) 

• Xustificación 

• Obxectivos 

• Desenvolvemento do proxecto (metodoloxía, accións, participantes, cronograma,…) 

• Resultados 

• Avaliación, impacto e conclusión de melloras concretas obtidas 

• Certificación dá autorización do uso das imaxes dos menores 

4- Licenciar o traballo baixo a licenza Creative Commons 


• BY: Recoñecemento (Attribution): o material creado por un autor pode ser distribuído e exhibido se a autoría  se mostra nos créditos.

 • NC: Comercial (Non Commercial): o material creado por un autor pode ser distribuído, copiado e exhibido mentres o seu uso non sexa comercial. 

• SA: compartir Igual (Share Alike): o material creado por un autor pode ser modificado e distribuído pero baixo a mesma licencia que o material orixinal. 


Premios


Modalidade A


• Lote de libros para a Biblioteca do centro. 

• Curso de Formación gratuíto para o claustro do centro sobre unha temática   relacionada coa innovación educativa.

• 300 € en metálico. 

• Publicación do Proxecto premiado con ISBN ou ISSN


 Modalidade B


• 300 € 

• Publicación do Proxecto premiado con ISBN ou ISSN 


Organización


 Forum Europeo de Administradores da Educación (Galicia) 

  Contacta en : feaegalicia@gmail.com.

• Forum Europeo de Administradores da Educación edita a revista DyLE (Dirección y Liderazgo Escolar). 



domingo, 31 de xaneiro de 2021

Resumo da webinar "Claves para a incoporación (con sentidiño) das tecnoloxías na aula"

 O venres 29 de xaneiro, María José Fernández Barreiro, educadora social e pedagoga con 20 anos no sector da formación on-line, impartiu a webinar do segundo Work Café de FEAE Galicia neste curso.


Mª José comezou facendo unha analoxía entre as certificacións en linguas e o tipo de profesorado que utiliza as TIC nas aulas, desde docentes  con  coñecemento básico en  TIC (B1) ate  usuarios e usuarias con alta competencia  dixital.


En primeiro lugar, abordou a formación  do profesorado, aportou un listado de recursos que podedes descargar neste documento  e citou metodoloxías didácticas que optimizan o aproveitamento didáctico as aulas virtuais 

Ademais, sinalou a importancia de formarse como docentes non  traballo en equipo  co resto  do claustro e atender  ás  novas que nos  chegan desde ou campo da  neurociencia para  levalas  á aula.   


A  continuación , a poñente  reflexionou sobre falsos mitos relacionados coa tecnoloxía como que é   motivadora por si  mesma  ou a falacia dous nativos  dixitais.


Insistiu na necesidade de formar  ao alumnado, non só no uso das tecnoloxías senón tamén en  adestralos en habilidades como  discriminar información relevante, o traballo en equipo  ou  a comunicación directa en  liña.  Un  traballo  que  debería ser coordinado desde o centro para ir  distribuíndo a tarefa formativa en competencias e habilidades  do alumnado coas TIC.

 Por outra banda, sinalou a necesidade de planificar e organizar en que parte da programación integramos  as TIC, a metodoloxía a utilizar e a dosificación de tempos e medios  tecnolóxicos.


Animounos a construír un temario propio,  aproveitando a gran  cantidade de  contidos que están  ao  noso  dispor e que aparecen no documento arriba sinalado e a crear contidos seleccionando o tipo de formato más axeitado ao seu uso.

A  poñente  aportou tips e unha serie de  recomendacións para desenvolver vídeos interactivos  e  utilizar ferramentas de  avaliación.


Por último  recomendou unha incorporación gradual das TIC comezando polo  máis  sinxelo e  adaptado  ao  noso alumnado. 

A webinar rematou con unha quenda de preguntas moi interesante onde se abordaron diversos temas , entre outros a avaliación competencial utilizando ferramentas TIC, a incorporación a Edixgal doutras etapas e disciplinas, etc.





Unha xornada moi interesante e útil para tódolos perfís de profesorado que Mª José abordou dun xeito ameno, moi estruturado e claro . Grazas!

Podes ver a presentación no apartado Recursos desta web.

domingo, 10 de xaneiro de 2021

Work Café virtual: Claves para a incorporación (con sentidiño) das tecnoloxías na aula

 Comeza o novo ano e entramos nunha posible terceira onda da pandemia COVID-19 na que o profesorado ten que enfrentarse a unha gran heteroxeneidade nas aulas. Desde alumnado confinado, ate posible peche dalgunha clase ou reforzo indiviualizado dalgún alumnos e alumnas froito do confinamento do 2020. Por este moivo, desde FEAE Galicia achamos interesante adicar o Work Café de xaneiro á utilización das tecnoloxías nas aulas. 

Contaremos coa presenza de María José Fernández Barreiro

Educadora Social e Pedagoga, con 20 anos no sector da formación on-line responsable de creación de contidos formativos para diversas organizacións, entre elas os libros dixitais que Netex ofrece a través do proxecto e-dixgal en máis de 400 centros educativos galegos. 

Actualmente é consultora pedagóxica e participa no deseño, desenvolvemento e teste de aplicacións educativas dentro de Netex. 

No webinar veremos algunhas claves sobre cómo incorporar as tecnoloxías, pero usando o sentido común, analizando e usando aquilo que realmente precisemos e nos resulte de utilidade para o proceso pedagóxico.



Para inscribirse na sesión só hai que preencher este formulario: 

                                         https://forms.gle/Dh1kFBQAtfadJsPw6

DATA LÍMITE DE INSCRPCIÓN: 26/01/2021 as 00:00

Uns días antes do evento enviarémosvos o link do chat .

Se queredes deixar alguha pregunta para enviarlle á poñente, podedes fazelo  desde o formulario de contacto á dereita deste post.