sábado, 9 de setembro de 2023
venres, 26 de maio de 2023
Resolución dos III Premios FEAE á Innovación Educativa 22-23
"Torsos: RCP"proxecto presentado polo CPI O Cruce de Cerceda e coordinado por Xacobo de Toro Cacharrón.
"Rosetóns do románico galego con xeometría dinámica" proxecto coordinado por Roberto Maneiro Catoira do IES Puga Ramón da Coruña.
xoves, 2 de marzo de 2023
Premios FÓRUM EUROPEO GALICIA 2022-2023
Os Premios FORUM EUROPEO GALICIA 2022-2023 buscan identificar recoñecer e promover a centros educativos e a grupos de docentes comprometidos e comprometidas coa innovación educativa, a través do desenvolvemento de iniciativas didácticas que axuden a construír unha rede de propostas educativas que inspiren transformación e innovación e que sexan facilmente transferibles a outras contornas educativas.
Os traballos deben responder a unha necesidade de mellora educativa concreta e animar a outros colectivos desenvolvendo a potencialidade do traballo en equipo colaborativo. Os Premios destacan as iniciativas que se consideran máis creativas e efectivas para atopar solucións aos desafíos educativos en calquera nivel educativo e en todas as contornas.
Destacarán proxectos de revitalización de centros educativos dirixidos a desenvolver a innovación educativa en ámbitos curriculares, tecnolóxicos, metodolóxicos, didácticos e organizativos dos diferentes niveis e etapas do sistema educativo.
Sobre o premio
Os proxectos seleccionados son modelos de excelencia que serven como inspiración para que outros melloren a educación a través da innovación e a acción creativa. Cada un dos proxectos gañadores dos premios FÓRUM EUROPEO GALICIA 2022-2023 será presentado publicamente e beneficiarase do maior interese público a través da exposición de medios e outras canles, ademais, a revista do FÓRUM EUROPEO NACIONAL (DYLE) fará eco dos proxectos premiados que serán adaptados ás normas de publicación da revista polos autores e autoras dos proxectos seleccionados.
Xurado e resolución dos premios
O xurado estará composto por membros de recoñecido prestixio e implicación dentro do ámbito educativo entre os que se atoparán membros do propio Fórum Europeo de Galicia, Universidades Galegas e da Consellería de Educación.
O fallo inapelable do xurado será o venres, 26 de maio e comunicarase directamente aos interesados.
Publicarase con antelación unha lista de finalistas no blogue de FEAE GALICIA http://www.feaegalicia.com/, así como, posteriormente a resolución definitiva dos Premios.
Fórum Europeo da Educación de Galicia (FEAE-Galicia) resérvase o dereito de publicación dos proxectos finalistas no blogue, sen fins lucrativos, podendo utilizalos en accións encamiñadas á mellora da educación.
Modalidades
Propóñense dúas modalidades ás que poder presentarse:
• Modalidade A: para proxectos de centros educativos de Educación Infantil (0-6), CRA, Primaria, Secundaria e Formación Profesional.
• Modalidade B: para proxectos de equipos de profesorado de centros educativos de Educación Infantil, Primaria Secundaria e Formación Profesional.
1. Os proxectos serán presentados por centros educativos e/ou por equipos de profesorado de centros educativos de Galicia nas modalidades A e/ou B, non podendo presentarse en máis dunha modalidade co mesmo proxecto.
2. Os proxectos das modalidades A e B terán que realizarse no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
3. Deben presentarse en lingua galega ou lingua castelá, indistintamente.
Criterios de selección
Os Premios FÓRUM EUROPEO GALICIA 2022-2023 recoñecen proxectos educativos innovadores. Búscanse iniciativas educativas continuas, innovadoras e impactantes que:
• Supoñan a revitalización dun centro educativo.
• Que contemplen indicadores para desenvolver unha educación inclusiva e de equidade.
• Que desenvolvan a convivencia participativa e positiva en calquera etapa educativa.
• Que fosen efectivamente implementados na aula.
• Que sexan economicamente sostibles.
• Que presenten obxectivos claros na planificación e desenvolvemento do proxecto.
• Que sexan replicables e transferibles a outros contextos educativos.
• Que dispoñan dun claro compoñente innovador.
• Que desenvolvan enfoques didácticos e/ ou organizativos que busquen dar resposta ás necesidades do seu alumnado. Necesidades que varían en función do seu contexto sociocultural, pero tamén en función dous cambios que, a nivel global, estanse a experimentar na sociedade.
Criterios de valoración
O Xurado terá en conta os seguintes criterios de valoración que non son excluíntes :
- Coherencia interna do proxecto (atendendo á concreción de obxectivos, a súa xustificación, o desenvolvemento das tarefas, unha exposición clara de resultados e propostas de mellora).
- Contido innovador e importancia do traballo en equipo e colaborativo (destacando o desenvolvemento do pensamento creativo, crítico a autonomía do alumnado e a súa participación activa no proxecto).
- Ter sido implementado (non é un requisito).
- A multidisciplinaridade.
- Posibilidade de transferencia do proxecto a outras contornas educativas.
- Directrices de igualdade e equidade educativas na planificación do proxecto.
Solicitude e Prazos de Presentación
O formulario de inscrición aos Premios FORUM EUROPEO GALICIA 2022-2023 é https://forms.gle/kswzVrStqNFfLv996
O formulario de inscrición permitirá enviar todos os datos de contacto necesarios para o rexistro do proxecto así como os arquivos coa documentación necesaria para a valoración do proxecto.
Para calquera dúbida en relación á inscrición do proxecto poden poñerse en contacto coa organización na dirección de correo feaegalicia@gmail.com
Os traballos recibiranse desde o 5 de marzo de 2023 ata o 5 de maio de 2023.
Formato de Presentación:
1.- Síntese do proxecto en formato pdf (letra Arial 12, interlineado sinxelo).
2.- Material audiovisual (fotos, vídeos, webs), que non excedan de 10 MG. Preferiblemente enviaranse como ligazóns, até un máximo de 5 arquivos e/ou 5 ligazóns.
3.-Memoria explicativa do traballo coas seguintes características: en formato pdf, letra Arial 12, interlineado sinxelo e un máximo de 15 páxinas, débense incluír as imaxes e as referencias aos posibles vídeos.
Esta Memoria debe conter os seguintes puntos:
Título (pódese usar un subtítulo).
4- Resumo, con palabras chave (breve exposición do proxecto nun máximo 50 palabras).
5- Xustificación.
6- Obxectivos.
7- Desenvolvemento do proxecto (metodoloxía, accións, participantes, cronograma,…).
8- Resultados.
9- Avaliación, impacto e conclusión de melloras concretas obtidas.
10- Certificación dá autorización do uso das imaxes dos menores.
11- Licenciar o traballo baixo a licenza Creative Commons.
BY: Recoñecemento (Attribution): o material creado por un autor pode ser distribuído e exhibido se a autoría se mostra nos créditos. NC: Comercial (Non Commercial): o material creado por un autor pode ser distribuído, copiado e exhibido mentres o seu uso non sexa comercial. SA: compartir Igual (Share Alike): o material creado por un autor pode ser modificado e distribuído pero baixo a mesma licencia que o material orixinal.
Premios
Modalidade A
- Lote de libros para a Biblioteca do centro.
- 300 € en metálico.
- Publicación do Proxecto premiado con ISBN ou ISSN.
Modalidade B
- 300 € en metálico.
- Publicación do Proxecto premiado con ISBN ou ISSN.
mércores, 7 de decembro de 2022
Inclusión, innovación e acción social en FP
O próximo 15 de decembro as 18:30, agardámosvos na Facultade de Ciencias da Educación da UDC, no Campus de Elviña para un novo Café Coloquio de FEAE.
Equipos educativos e directivos do CEE Nosa Señora de Lourdes, IES Montecelo e CIFP Someso, compartirán tres experiencias que dan mostra do bó e innovador que se está a facer na FP en Galicia ao carón dun café ben quentiño.
Para apontarse, só se precisa enviar un mail a feaegalicia@gmail.com
luns, 24 de outubro de 2022
Ramón Flecha: Criterios para diferenciar os bulos das evidencias científicas que melloran os resultados educativos
Ramón Flecha, referente mundial na educación basada en evidencias de impacto social, impartíu a conferencia que pon título a este post no marco da Cidade da Cultura o domingo 23 de outubro do 2022 nas XXIX Jornadas Estatales de FEAE.
Neste link, tedes acceso á presentación.
Sostenibildade no camiño: Entendemento, tolerancia e solidaridade no Camiño de Santiago
Pilar Taboada de Zúñiga participou no peche das XXIX Jornadas Estatales de FEAE coa ponencia "La sostenibilidad como herramienta pedagógica en el aula de ELE: entendimiento, tolerancia y solidaridad en el Camino de Santiago".
Na súa intervención puxo en valor a función do Camiño de Santiago como eixo globalizador de distintas culturas así como de transmisión de valores como a sostibilidade, a tolerancia e a solidaridade, poñendo énfase no labor dos Cursos Internacionais da USC no ensino de línguas, formación do profesorado e cursos sobre o Camiño.
Preme na imaxe para acceder á intervención.
Federico Mayor Zaragoza no 40 aniversario de FEAE: "La humanidad, ojos del Universo"
Federico Mayor Zaragoza, clausurou as XXIX Jornadas Estatales de FEAE invitándonos a unha lectura reflexiva do documento "La humanidad, ojos del Universo" que sirveu como un magnífico peche de celebración dos 40 anos de FEAE.
Esperanza, compromiso co planeta Terra, educación, alzamento da "Voz dos pobos"... un manifiesto que debería ser folla de ruta para todos e todas os que nos preocupamos pola educación.
domingo, 23 de outubro de 2022
40 anos de FEAE
Juan Salamé, exdirector da FEAE Nacional, resumio nesta presentación os 40 anos de andadura do Forum Europeo de Administradores da Educación. Unha honra para FEAE Galicia, poder dar cobertura a un evento con tanta carga simbólica na nosa organización. Pedro Navareño, Codirector da Cátedra Escalar para a Innovación Educativa da Universidade de Málaga e un histórico de FEAE Extremadura.
sábado, 22 de outubro de 2022
Facendo rede
Máis de 15 comunicacións de universidades e escolas de América do Sur e México, con outras 16 do ámbito educativo español, conformaron un espazo de intercambio de experiencias moi enriquecedor no marco das XXI Jornadas Estatales de FEAE.
Os traballos presentados estaban divididos en catro bloques: Sostibilidade, Xusticia Social, Educación para todos e todas e Formación Profesional e serán publicados nun monográfico sobre as xornadas na revista Dyle.
Aprender en entornos non formais
Marcos Pérez Maldonado, coordinador dos Museos Científicos Coruñeses, deleitounos cunha charla interactiva na que disfrutamos e aprendemos de ciencia, espazos de aprendizaxe non formais e da historia e bon facer dos Museos Científicos Coruñeses.
Espazo de debate: Novos retos sociais, novos retos educativos:ODS e Axenda 2030
O sábado 22 de outubro D. Moisés Canle López (Catedrático de Química Física en la UDC e director da Cátedra Emalcsa – UDC), D. Pablo César Muñoz Carril (Profesor Titular da USC e director do Grupo de Investigación Educativa Mestura), D. Miguel Anxo Santos Rego (Catedrático de Teoría e Historia da Educación da USC. e director del Grupo de Investigación ESCULCA) e Dª. Amparo Casares Gallego (Doctora en Arquitectura. Vicerrectora de Infraestructuras e Sustentabilidad da UDC) debatiron sobre os novos retos educativos e sociais que supón a apliación da Axenda 2030. O debate foi coordinado por Dª Azuzena Gozalo Ausín, vicepresidenta de FEAE.
Portugal Innovação Social
Filipe Almeida, presidente de Portugal Innovação Social, participou o sábado 22 de outubro nas XXIX Jornadas Estatales de FEAE, amosando o bo facer do noso país veciño no eido da Innovación Social na Educación.
Tedes acceso ao seu relatorio nesta ligazón.