O pasado 4 de xullo un bó numero de socios de FEAE Galicia disfrutamos xunto con outros compañeiros e compañeiras das historias de vida de Sole Felloza.
Historias amables, cotiás e divertidas onde o oficio de ensinar aparecía en diferentes relatos: coas familias hirperprotectoras, na vida e nos contos da "señora Lola" e nas múltiples anécdotas que cpmpartio connosco.
Unha cea fraternal onde o ambiente era tan grato que casi nos tiveron que desaloxar para que saíramos da Facultade de Ciencias da Educación, onde se celebrou o evento.
Un espazo de encontro para finalizar un curso longo e iniciar proxectos para o próximo.
Durante o curso 18/19 ,desenvolvemos tres work-cafés dirixidos a tres bloques que nos parecen de sumo interese para os profesionais da educación:
1-Compartir experiencias innovadoras e inspiradoras como as que nos mostraron Montse Sancho, Begoña Codessl e Xosé Viñas en cada unha das etapas educativas.
2- Entrar na necesaria reflexión didáctica e innovación permanente ao coñecer metodoloxias como a de "Aula a 2" con Jesús Garrido.
3- E abrir as portas dos nosos centros a través de proxecctos europeos da mán de Celina Santamaria do CFR da Coruña e dos compañeiros do IES David Buján.
Para o novo curso, nos primeiros días de setembro, enviaremos unha enquisa para coñecer as expectativas dos asociados e asistentes habituais aos work- cafés para elaborar unha programación axustada aos seus intereses.
Grazas a Sole Felloza por axudarnos a elaborar un bonito conto de fin de curso no que compartimos emocións, desexos e alegría .
Bo verán!