Forum Europeo de Administradores da Educación
Promover a reflexión e creación de significados compartidos sobre a educación do século XXI. ▪ Establecer intercambios bilaterais e multilaterais a nivel autonómico, estatal e europeo ▪ Crear relacións e lazos persoais entre os seus membros ▪ Compartir e incrementar novos coñecementos profesionais
Ceas–coloquio e Work-café: Nunha ou máis ocasións ao longo do curso escolar reunímonos arredor de temas de actualidade para debater as propostas que sobre o mesmo nos presentan relatores de prestixio.
Profesionais da educación de cada país: profesorado, membros da inspección educativa, membros de equipos directivos, asesores e asesoras,…etc
• Participar en todos os encontros e foros para a reflexión educativa que o FEAE organiza en Galicia. • Coñecer de antemán as propostas e novidades que se dan no sistema educativo galego, do estado e europeo. • Responder ás demandas de asesoramento sobre cuestións educativas que diversas Administracións realizan ao FEAE europeo. • Recibir no domicilio a revista “OGE” e o acceso á mesma a través da páxina web (www.feae.eu). • Elaborar artigos para ser publicados nesta revista.
O xoves 10 de Muño celebramos o acto de entrega dos Premios FEAEG de Innovación Educativa 2021.
O acto estivo presidido polo Concelleiro de Educación do concello da Coruña, D.Jesús Celemín Santos, que destacou o labor da FEAEG no eido da educación en Galicia e mostrou a súa satisfacción porque o concello fose o lugar de entrega dos premios.
Dª Susana Vázquez, presidenta de FEAEG agradeceu o apoio institucional de todas as entidades colaboradoras (Concello da Coruña, UDC, USC, CSIC Galicia e Editorial Anaya/Galaxia) como elementos clave para o impulso destes premios e o labor e o apoio dos membros de FEAE.
Especialmente, agradeceu o traballo do profesorado e equipo directivo dos centros que se presentaron á candidatura.
A continuación resumiu a traxectoria de FEAE e de FEAEG, e convidou aos asistentes a compartir e participar en FEAEG como espazo plural e diverso para debatir, reflexionar e sumar na mellora da educación en Galicia.Asimismo destacó a calidade da revista Dyle onde serán publicados os proxectos dos centros ganadores.
Por último resumiu cada un dos proxectos presentados.
D, Rafael Rodríguez Romar, vicepresidente de FEAG, presentou os proxectos premiados e agradeceu o labor do xurado comportó por profesorado da Universidade da Coruña e De Santiago de Compostela, a responsable da UCC do CSIC en Galicia, inspectores de educación e profesorado e directores de centros educativos de Primaria e Secundaria.
Na Modalidade A, para proxectos de centros educativos de Educación Infantil (0-6), Primaria, Secundaria, Formación Profesional e Educación Especial, o proxecto de educación sustentable premiado é Axenda 2030: construido o futuro presentado polo IES Universidade Laboral de Culleredo.
Os profesores responsables do proxecto, a coordinadora Dª Paloma Terrón, o director do centro e dous alumnos de FP básica.
Na Modalidade B, para proxectos de equipos de profesorado de centros educativos de Educación Infantil (0-6), Primaria, Secundaria, Formación Profesional e Educación Especial, o proxecto ,premiado é Historia ducha viaxe , un proxectp tse achegameto ao patrimonio a través das tecnoloxías, coordinado por Dº Judith Varela do CEIP Ponte dos Brozos en Arteixo, e presntado pola profesora Ana Touriñán.
As Aulas Hospitalarias do Materno Infantil Teresa Herrera recibieron a Mención Honorífica pola sea labor solidario e inclusivo co sea proxecto Artivistas: Unha escola cos pé na terra, presentado por Laura Lizancos, coordinadora do proxecto.
A presidenta de FEAEG anunció a próxima convocatoria dos premios no inicio do curso 21-22.
O acto foi clausurado por D. Jesús Celemín Santo , Conselleiro de Educación do concello da Coruña.
Grazas a todos e todas por unha jornada onde podemos disfrutar, compartir experiencias e boas prácticas.