xoves, 7 de marzo de 2019

JUNTA GENERAL EN BILBAO

O último fin de semana de febreiro celebrouse en Portugalete, Bilbao, a reunión da "Junta General de FEAE", magníficamente organizada polos compañeiros do foro do País Vasco, a quen agradecemos a súa calurosa acollida. Ademáis do sempre grato encontro cos compañeiros dos outros foros tamén tivemos oportunidade de disfrutar da cultura e gastronomía do país vasco.

Nun ambiente moi agradable aprobáronse na reunión os seguintes acordos:

- Relevo na presidencia de FEAE, que colle o noso amigo Emilio Veiga, de quen estamos seguros que será capaz de continuar co bo traballo realizado ata agora por Alfonso, a quen todo o mundo agradeceu a súa entrega.

- A revista OGE desaparece como tal en papel impreso. O número recibido en febreiro será o último en papel. A partir de agora pasará a ser dixital e cambíará tamén de nome: "DyLE" (dirección y liderazgo educativo). Estamos convencidos de que este cambio aportará claros beneficios na forma e nos contidos da mesma.

-  As próximas xornadas estatais terán lugar o 15 e 16 de novembro en La Laguna (Tenerife), organizadas polos compañeiros do foro de Canarias, que xa avanzaron parte do programa que terá como eixe central a inclusión.