O xoves 25 de novembro celebramos na Facultade de Ciencias da Educación da UDC o primeiro Café Coloquio de este curso 21-22 .
Baixo o epígrafe de Feira de Experiencias, desenvolvemos unha xornada na que compartimos o bo saber e facer de profesionais da educación en distintas áreas temáticas.
Montse Sancho, da Escola Infantil Municipal de Montealto na Coruña, mostrounos as aplicacións didácticas da robótica nas aulas de Infantil e a súa extrapolación a outras etapas.
Da man de Mónica Carneiro coñecemos e vivenciamos as bases da Disciplina Positiva e co equipo de Laura Adela e Diego Rúa utilizamos dun xeito práctico e dinámico a incorporación do traballo por competencias á programación de aula, a partir dunha actividade baseada na Realidade Aumentada.
Con Begoña Codesal elaboramos a nosa primeira fotografía inmersiva e reflectimos sobre as súas aplicacións na aula.
O equipo de Argalla mostrounos os materiais que elaboran e a súa utilización nas distintas etapas educativas e disfrutamos con Ana Rodríguez de Crecer creando das posibilidades dos xogos matemáticos que nos presentou.
Esta primeira xornada presencial foi especialmente emotiva para todos e todas as asistentes por ser a primeira vez que nos reencontrábamos de novo despois da pandemia e por coincidir co Día Mundial da Violencia Machista, conmemoración e denuncia que tivemos presente durante todo o evento.
Por protocolo COVID, tivemos que limitar o evento a 35 asistentes, polo que pedimos desculpas a todas as persoas as que non pudemos confirmar a asistencia.
Esperamos que podamos xuntarnos todos e todas o 24 de febreiro do 2022, data en que celebraremos o segundo Café Coloquio.