As liñas prioritarias de actuación do FEAE

Promover a reflexión e creación de significados compartidos sobre a educación do século XXI. ▪ Establecer intercambios bilaterais e multilaterais a nivel autonómico, estatal e europeo ▪ Crear relacións e lazos persoais entre os seus membros ▪ Compartir e incrementar novos coñecementos profesionais

Cales son as actividades que realizamos?

Ceas–coloquio e Work-café: Nunha ou máis ocasións ao longo do curso escolar reunímonos arredor de temas de actualidade para debater as propostas que sobre o mesmo nos presentan relatores de prestixio.

Quen formamos o FEAE?

Profesionais da educación de cada país: profesorado, membros da inspección educativa, membros de equipos directivos, asesores e asesoras,…etc

Que vantaxes ten ser socio?

• Participar en todos os encontros e foros para a reflexión educativa que o FEAE organiza en Galicia. • Coñecer de antemán as propostas e novidades que se dan no sistema educativo galego, do estado e europeo. • Responder ás demandas de asesoramento sobre cuestións educativas que diversas Administracións realizan ao FEAE europeo. • Recibir no domicilio a revista “OGE” e o acceso á mesma a través da páxina web (www.feae.eu). • Elaborar artigos para ser publicados nesta revista.

sábado, 25 de maio de 2024

Proxectos premiados na IV Convocatoria de Premios FEAEGA Rafael Rodríguez Martín

O xurado dos IV Premios FEAE Galicia de Innovación Educativa Rafael Rodríguez Martín,  tras valorar as excelentes propostas enviadas, decidiu otorgar os seguintes premios


Modalidade A: ‘"Aquí tamén se fala" do IES Rafael Dieste 

(A Coruña) coordinado por Arcadio González Nóvoa e Alberto Pombo Añón.


Unha iniciativa cultural de dinamización da lingua galega que envolve a máis de 200 centros educativos, 25.000 estudantes e 50.000 espazos normalizados, así como aos principais clubs do deporte profesional galego. É tamén un proxecto educativo no que o alumnado se forma na comunicación audiovisual e no traballo en redes sociais.





Modalidade B:"Arte Quokka
"

 Grupo de traballo coordinado por Natuska Naylor García do  CEIP Curros Enríquez (A Coruña).

Un proxecto ApS en 4º de Educación Primaria articulado a través da arte, en conxunción con distintas institucións cidadás traballando no barrio das escola desde o local ao global.






Moitos parabéns a tódolos participantes polo excelente nivel das propostas.


A  entrega do Premio  será o 26  de xuño no salón de Plenos do Concello da Coruña as 17:30


Grazas por participar!


martes, 5 de marzo de 2024

IV Convocatoria de Premios FEAE Galicia Rafael Rodríguez Martín 2023-2024

 


Os Premios FORUM EUROPEO GALICIA Rafael Rodríguez Martín buscan identificar recoñecer e promover a centros educativos e a grupos de docentes comprometidos e comprometidas coa innovación educativa, a través do desenvolvemento de iniciativas didácticas que axuden a construír unha rede de propostas educativas que inspiren transformación e innovación e que sexan facilmente transferibles a outras contornas educativas. 

 

Os traballos deben responder a unha necesidade de mellora educativa concreta e animar a outros colectivos desenvolvendo a potencialidade do traballo en equipo colaborativo. Os Premios destacan as iniciativas que se consideran máis creativas e efectivas para atopar solucións aos desafíos educativos en calquera nivel educativo e en todas as contornas. 

 

Destacarán proxectos de revitalización de centros educativos dirixidos a desenvolver a innovación educativa en ámbitos curriculares, tecnolóxicos, metodolóxicos, didácticos e organizativos dos diferentes niveis e etapas do sistema educativo.

 

Sobre o premio

 

Os proxectos seleccionados son modelos de excelencia que serven como inspiración para que outros melloren a educación a través da innovación e a acción creativa. Cada un dos proxectos gañadores dos premios FÓRUM EUROPEO GALICIA Rafael Rodríguez Martín será presentado publicamente e beneficiarase do maior interese público a través da exposición de medios e outras canles, ademais, a revista do FÓRUM EUROPEO NACIONAL (DYLE) fará eco dos proxectos premiados que serán adaptados ás normas de publicación da revista polos autores e autoras dos proxectos seleccionados. 

 

Xurado e resolución dos premios 

 

O xurado estará composto por membros de recoñecido prestixio e implicación dentro do ámbito educativo entre os que se atoparán membros do propio Fórum Europeo de Galicia, Universidades Galegas e da Consellería de Educación.

O fallo inapelable do xurado será o venres, 26 de maio e comunicarase directamente aos interesados.

Publicarase con antelación unha lista de finalistas no blogue de FEAE GALICIA http://www.feaegalicia.com/, así como, posteriormente a resolución definitiva dos Premios. 

Fórum Europeo da Educación de Galicia (FEAE-Galicia) resérvase o dereito de publicación dos proxectos finalistas no blogue, sen fins lucrativos, podendo utilizalos en accións encamiñadas á mellora da educación. 

 

Modalidades 

 

Propóñense dúas modalidades ás que poder presentarse: 

 

• Modalidade A: para proxectos de centros educativos de Educación Infantil (0-6), CRA, Primaria, Secundaria e Formación Profesional.

 

• Modalidade B: para proxectos de equipos de profesorado de centros educativos de Educación Infantil, Primaria Secundaria e Formación Profesional.

 

1. Os proxectos serán presentados por centros educativos e/ou por equipos de profesorado de centros educativos de Galicia nas modalidades A e/ou B, non podendo presentarse en máis dunha modalidade co mesmo proxecto. 

 

2. Os proxectos das modalidades A e B terán que realizarse no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

 

3. Deben presentarse en lingua galega ou lingua castelá, indistintamente.

 

Criterios de selección 

 

Os Premios FÓRUM EUROPEO GALICIA Rafael Rodríguez Martín 2023-2024 recoñecen proxectos educativos innovadores. Búscanse iniciativas educativas continuas, innovadoras e impactantes que: 

• Supoñan a revitalización dun centro educativo. 

• Que contemplen indicadores para desenvolver unha educación inclusiva e de equidade.

• Que desenvolvan a convivencia participativa e positiva en calquera etapa educativa. 

• Que fosen efectivamente implementados na aula. 

• Que sexan economicamente sostibles. 

• Que presenten obxectivos claros na planificación e desenvolvemento do proxecto. 

• Que sexan replicables e transferibles a outros contextos educativos. 

• Que dispoñan dun claro compoñente innovador.

• Que desenvolvan enfoques didácticos e/ ou organizativos que busquen dar resposta ás necesidades do seu alumnado. Necesidades que varían en función do seu contexto sociocultural, pero tamén en función dous cambios que, a nivel global, estanse a experimentar na sociedade. 

 

 Criterios de valoración

                                                                                                                                                                           

 O Xurado terá en conta os seguintes criterios de valoración que non son excluíntes :


-  Coherencia interna do proxecto (atendendo á concreción de obxectivos, a súa xustificación, o desenvolvemento das tarefas, unha exposición clara de resultados e propostas de mellora). 

-  Contido innovador e importancia do traballo en equipo e colaborativo (destacando o desenvolvemento do pensamento creativo, crítico a autonomía do alumnado e a súa participación activa no proxecto).

-  Ter  sido implementado (non é un requisito). 

-  A multidisciplinaridade.

-   Posibilidade de transferencia do proxecto a outras contornas educativas.

-   Directrices de igualdade e equidade educativas na planificación do proxecto.

 

Solicitude e Prazos de Presentación

 

O formulario de inscrición aos premios  é https://forms.gle/2kdCZ5G3Kq9Srxbw8

 

O formulario de inscrición permitirá enviar todos os datos de contacto necesarios para o rexistro do proxecto así como os arquivos coa documentación necesaria para a valoración do proxecto. 

 

Para calquera dúbida en relación á inscrición do proxecto poden poñerse en contacto coa organización na dirección de correo feaegalicia@gmail.com

 

Os traballos recibiranse desde o 6 de marzo  de 2024 ata o 6 de maio de 2023.

 

Formato de Presentación: 

1.- Síntese do proxecto en formato pdf (letra Arial 12, interlineado sinxelo). 

2.- Material audiovisual (fotos, vídeos, webs), que non excedan de 10 MG. Preferiblemente enviaranse como  ligazóns, até un máximo de 5 arquivos e/ou 5 ligazóns.

 3.-Memoria explicativa do traballo coas seguintes características: en formato pdf, letra Arial 12, interlineado sinxelo e un máximo de 15 páxinas, débense incluír as imaxes e as referencias aos posibles vídeos. 

Esta Memoria debe conter os seguintes puntos: 

Título (pódese usar un subtítulo). 

4- Resumo, con palabras chave (breve exposición do proxecto nun máximo 50 palabras). 

5- Xustificación. 

6-  Obxectivos. 

7- Desenvolvemento do proxecto (metodoloxía, accións, participantes, cronograma,…). 

8- Resultados. 

9- Avaliación, impacto e conclusión de melloras concretas obtidas. 

10- Certificación dá autorización do uso das imaxes dos menores. 

11- Licenciar o traballo baixo a licenza Creative Commons. 

  BY: Recoñecemento (Attribution): o material creado por un autor pode ser distribuído e exhibido se a autoría  se mostra nos créditos.  NC: Comercial (Non Commercial): o material creado por un autor pode ser distribuído, copiado e exhibido mentres o seu uso non sexa comercial.   SA: compartir Igual (Share Alike): o material creado por un autor pode ser modificado e distribuído pero baixo a mesma licencia que o material orixinal. 

 

Premios

 

Modalidade A

- Lote de libros para a Biblioteca do centro. 

- Alta de socio/a para os/as coordinadores do proxecto.

-  300 € en metálico. 

-  Publicación do Proxecto premiado con ISBN ou ISSN.

 

 Modalidade B

- 300 € en metálico.

-  Alta de socio/a para os/as coordinadores do proxecto.

- Publicación do Proxecto premiado con ISBN ou ISSN.