O xurado da convocatoria dos III Premios FEAE Galicia de Innovación Educativa, tras valorar as excelentes propostas enviadas nesta edición, decidiu otorgar os seguintes premios:
MODALIDADE A: Para proxectos de centros educativos de Educación Infantil (0-6), CRA, Primaria, Secundaria, Formación Profesional e Centros de Educación Especial.
"Torsos: RCP"proxecto presentado polo CPI O Cruce de Cerceda e coordinado por Xacobo de Toro Cacharrón.
MODALIDADE B: Para proxectos de equipos de profesorado de centros educativos de Educación Infantil (0-6), CRA, Primaria, Secundaria, Formación Profesional e Centros de Educación Especial.
"Rosetóns do románico galego con xeometría dinámica" proxecto coordinado por Roberto Maneiro Catoira do IES Puga Ramón da Coruña.
O acto de entrega dos Premios terá lugar o xoves 8 de xuño as 18:30 do 2023 no Concello da Coruña.