Que é o Forum Europeo de persoas Administradoras da Educación (FEAE)?
FEAE é unha asociación non gubernamental que traballa no ámbito da educación de varios países de Europa, fundamentalmente en aspectos relacionados coa administración e a xestión educativas.
FEAE é un lugar de encontro, de reflexión e intercambio que ten como obxectivo principal a mellora da calidade da educación.
As liñas prioritarias de actuación do FEAE son:
▪ Promover a reflexión e creación de significados compartidos sobre a educación do século XXI
▪ Establecer intercambios bilaterais e multilaterais a nivel autonómico, estatal e europeo
▪ Crear relacións e lazos persoais entre os seus membros
▪ Compartir e incrementar novos coñecementos profesionais
▪ Compartir a esperanza de que outra educación é posible concitando as vontades necesarias
Cando se crea?
FEAE europeo naceu en París en 1976. Baixo a influencia do Reino Unido no proxecto inicial están Francia, Alemaña, Bélxica e Holanda.
No Estado Español creouse no ano 1987, mentres que a FEAE de Galicia fórmase en 1991.
Na actualidade 22 países de Europa forman o Forum Europeo. En España hai 15 organizacións de FEAE noutras tantas comunidades autónomas.
Quen formamos o FEAE?
• Profesionais da educación de cada país: profesorado, membros da inspección educativa, membros de equipos directivos, asesores e asesoras,…etc. Ultimamente queremos incorporara o FEAE outras organizacións relacionadas coa educación coma ANPAS, Servizos Municipais de Educación, etc.
• Entre os nosos socios e socias hai membros de todas as redes (pública e concertada), e de todos os niveis educativos (Educación Infantil, Primaria, Educación Secundaria, Universidade, Servizos de Apoio, etc…).
Que actividades realizamos?
En Galicia:
- Ceas – coloquio. Nunha ou máis ocasións ao longo do curso escolar reunímonos arredor de temas de actualidade para debater as propostas que sobre o mesmo nos presentan relatores de prestixio.
- Cafés coloquios trimestrais sobre temas de actualidade educativa.
No Estado:
- A coordinación dos FEAE territoriais. Tres veces ao longo do curso reunímonos na Federación para debater e acordar os temas que nos preocupan.
- Xornadas anuais. Arredor de temas de actualidade anualmente organízanse xornadas de reflexión e de debate.
- Publicar a revista “OGE (Organización y Gestión Educativa)”. Cada ano publícanse seis números.
En Europa:
- Os responsables de todos os países reúnense periodicamente para analizar e decidir os temas comúns.
- Organizar intercambios para coñecer os sistemas educativos dos diferentes países da Federación. Realízanse cada dous anos.
- Distribuír todo o listado de publicacións (“Newsletter”) que realizan os foros dos diferentes países.
Que vantaxes ten ser socio?
- Participar en todos os encontros e foros para a reflexión educativa que o FEAE organiza en Galicia.
- Coñecer de antemán as propostas e novidades que se dan no sistema educativo galego, do estado e europeo.
- Responder ás demandas de asesoramento sobre cuestións educativas que diversas Administracións realizan ao FEAE europeo.
- Recibir no domicilio a revista “Dyle” e o acceso á mesma a través da páxina web (www.feae.es).
- Elaborar artigos para ser publicados nesta revista.
- Como membro do FEAE, a posibilidade de asistencia ás Xornadas anuais e aos intercambios europeos mediante o pago de cotas especiais.
Xunta Directiva
Forum Europeo de persoas Administradoras da Educación de Galicia
(FEAE-G)
Presidencia: Susana Vázquez Martínez
Vicepresidencia: Rafael Rodríguez Martín
Secretaría: Begoña Codesal Patiño
Tesorería: Anabel Fontaíña Barca
Vogais: Juanjo Félez Pérez, Antonio Leonardo Pastor, Francisco José Roca Moro e Charo Vázquez Mourín.
Estatutos
Na seguinte ligazón poderás acceder á lectura dos estatutos