domingo, 27 de xaneiro de 2019

Aprendendo sobre proxectos europeos

O pasado venres 25 de xaneiro celebramos o terceiro Work Café de este curso na Facultade de Ciencias da Educación da "Universidade da Coruña".
A xornada  centrouse nos Proxectos Europeos e contamos coa presencia de Celina Santamaría, recoñecida experta do Centro de Formación e Recursos de A Coruña e con Carmen Suárez, profesora con unha amplia experiencia na coordinación de proxectos europeos no seu centro, o IES David Buján, en Cambre.
Celina comenzou a súa intervención destacando a evolución dos proxectos europeos como iniciativa de algún docente até unha perspectiva orientada aos intereses do centro e ao impacto no alunado. Dividiu a presentación en sete puntos chave no deseño e desenvolvemento de un proxecto Erasmus +. No primeiro punto, internacionalización do centro, describiu brevemente os tipos de programas e deu algunhas pistas sobre a detección de necesidades e a alineación cos obxectivos do Erasmus +. A continuación, enfocou o seu discurso até o desenvolvemento de proxectos, a selección de socios, os requisitos técnicos e a avaliación. 
Por último, aportou unha serie de recursos e comentamos brevemente un caso práctico.
Destacamos as páxinas da SEPIE, eTwinning e School Education Gateway


A segunda poñente, Carmen Suárez, complementou a charla técnica compartindo a súa experiencia como docente e como coordinadora experta en distintos proxectos europeos.
Durante a súa intervención, comentou as características dos oito proxectos europeos que se teñen desenvolvido no seu centro e compartiu, como docente a pé de aula, cuestións prácticas relacionadas co deseño e desenvolvemento de proxectos. Aconsellou unha experiencia previa en programas como e-Twinning antes de integrarse nun proxecto Erasmus + e, a través de anécdotas e casos reais, foinos dando pistas para integrar a toda a comunidade educativa na realización do proxecto e outros consellos como o proceso de elección do alunado, documentación necesaria, difusión e unha serie de boas prácticas que facilitan o  desenvolvemento de estos proxectos.
Una sesión intensa que suscitou un debate posterior moi  interesante e que foi moi ben valorada polos asistentes.