As liñas prioritarias de actuación do FEAE

Promover a reflexión e creación de significados compartidos sobre a educación do século XXI. ▪ Establecer intercambios bilaterais e multilaterais a nivel autonómico, estatal e europeo ▪ Crear relacións e lazos persoais entre os seus membros ▪ Compartir e incrementar novos coñecementos profesionais

Cales son as actividades que realizamos?

Ceas–coloquio e Work-café: Nunha ou máis ocasións ao longo do curso escolar reunímonos arredor de temas de actualidade para debater as propostas que sobre o mesmo nos presentan relatores de prestixio.

Quen formamos o FEAE?

Profesionais da educación de cada país: profesorado, membros da inspección educativa, membros de equipos directivos, asesores e asesoras,…etc

Que vantaxes ten ser socio?

• Participar en todos os encontros e foros para a reflexión educativa que o FEAE organiza en Galicia. • Coñecer de antemán as propostas e novidades que se dan no sistema educativo galego, do estado e europeo. • Responder ás demandas de asesoramento sobre cuestións educativas que diversas Administracións realizan ao FEAE europeo. • Recibir no domicilio a revista “OGE” e o acceso á mesma a través da páxina web (www.feae.eu). • Elaborar artigos para ser publicados nesta revista.

martes, 4 de xuño de 2019

CEA COLOQUIO 4 DE XULLO



O 4 de xullo, xoves, remataremos o curso cunha cea coloquio na que nos gustaría atoparnos con todos os asociados e simpatizantes de FEAE Galicia.

Será na facultade de ciencias da educación da Universidade de A Coruña e dará inicio ás 8 da tarde

O coloquio estará dinamizado por Soledad Felloza, actriz, escritora, dramaturga e directora do Festival Internacional de Narración Oral Atlántica, que seguro contribuirá coa súa exposición a facernos pasar unha agradable velada.

Queremos que esta cea sexa unha ocasión propicia para vernos todos os amigos e simpatizantes de FEAE e aproveitar a oportunidade de disfrutar xuntos, dialogar e compartir as nosas experiencias, alegrías e cuitas. Contamos coa vosa presencia e a de aquelas amizades ás que querades invitar.

O custe da cea é de 20 euros. Non será necesario facer o pago previo pero sí é imprescindible notificar a vosa asistencia no correo feaegalicia@gmail.com.

 O prazo límite para apuntarse será o 30 de xuño.