O xurado da convocatoria dos II Premios FEAE Galicia de Innovación Educativa, tras valorar as excelentes propostas enviadas, decidiu otorgar os seguintes premios:
MODALIDADE A: Para proxectos de centros educativos de Educación Infantil (0-6), CRA, Primaria, Secundaria, Formación Profesional e Centros de Educación Especial.
"Paseolidarios"proxecto presentado polo CIFP Paseo das Pontes en A Coruña.
MODALIDADE B: Para proxectos de equipos de profesorado de centros educativos de Educación Infantil (0-6), CRA, Primaria, Secundaria, Formación Profesional e Centros de Educación Especial.
InvestigArte proxecto coordinado por Sonia Figueiredo Araujo do CEIP Nazaret de Cangas (Pontevedra).
O acto de entrega dos Premios terá lugar o mércores 8 de xuño do 2022 no Salón de Plenos do Concello da Coruña as 18.00 horas