Xa se publicou o número 12 da revista Dyle.
O monográfico deste número "Aprender a impulsos de likes" integra unha entrevista , a través de videoconferencia, con alumnado dos primeiros anos de Maxisterio e Xeografía e Historia para coñecer a relación dos xóvenes cos dispositivos dixitais e reflectir sobre ela. Tamén se analiza o papel dos videoxogos e os infuencers en educación, a educación presencial e on line e outros temas relacionados.
Ademáis trátanse outros temas como a meritocracia, a educación en Brasil ou o papel da escola ante catástrofes naturais como a do volcán de la Palma.
No apartado de ferramentas, publícase o último dossier con recursos prácticos para desenvolver e implementar o liderazgo desde as direccións dos centros. Os próximos dossieres estarán dedicados ao Liderazgo Pedagóxico do profesorado e do alumnado.
O acceso á revista é gratuita para os socios e dispoñedes de números abertos a todo o público.