sábado, 22 de octubre de 2022

Facendo rede

 Máis de 15 comunicacións de universidades e escolas de América do Sur e México, con outras 16 do ámbito educativo español, conformaron un espazo de intercambio de experiencias  moi enriquecedor no marco das XXI Jornadas Estatales de FEAE. 

Os traballos presentados estaban divididos en catro bloques: Sostibilidade, Xusticia Social, Educación para todos e todas e Formación Profesional e serán publicados nun monográfico sobre as xornadas na revista Dyle.