mércores, 7 de decembro de 2022

Inclusión, innovación e acción social en FP

 O próximo 15 de decembro as 18:30, agardámosvos na Facultade de Ciencias da Educación da UDC, no Campus de Elviña para un novo Café Coloquio de FEAE. 

Equipos educativos e directivos do CEE Nosa Señora de Lourdes, IES Montecelo e CIFP Someso, compartirán tres experiencias que dan mostra do bó e innovador que se está a facer na FP en Galicia ao carón dun café ben quentiño.

Para apontarse, só se precisa  enviar un mail a feaegalicia@gmail.com