Comeza o novo ano e entramos nunha posible terceira onda da pandemia COVID-19 na que o profesorado ten que enfrentarse a unha gran heteroxeneidade nas aulas. Desde alumnado confinado, ate posible peche dalgunha clase ou reforzo indiviualizado dalgún alumnos e alumnas froito do confinamento do 2020. Por este moivo, desde FEAE Galicia achamos interesante adicar o Work Café de xaneiro á utilización das tecnoloxías nas aulas.
Contaremos coa presenza de María José Fernández Barreiro
Educadora Social e Pedagoga, con 20 anos no sector da formación on-line responsable de creación de contidos formativos para diversas organizacións, entre elas os libros dixitais que Netex ofrece a través do proxecto e-dixgal en máis de 400 centros educativos galegos.
Actualmente é consultora pedagóxica e participa no deseño, desenvolvemento e teste de aplicacións educativas dentro de Netex.
No webinar veremos algunhas claves sobre cómo incorporar as tecnoloxías, pero usando o sentido común, analizando e usando aquilo que realmente precisemos e nos resulte de utilidade para o proceso pedagóxico.
Para inscribirse na sesión só hai que preencher este formulario:
https://forms.gle/Dh1kFBQAtfadJsPw6
DATA LÍMITE DE INSCRPCIÓN: 26/01/2021 as 00:00
Uns días antes do evento enviarémosvos o link do chat .
Se queredes deixar alguha pregunta para enviarlle á poñente, podedes fazelo desde o formulario de contacto á dereita deste post.