domingo, 28 de novembro de 2021

Feira de experiencias

 


O xoves 25 de novembro celebramos na Facultade de Ciencias da Educación da UDC o primeiro Café Coloquio de este curso 21-22 .

Baixo o epígrafe de Feira de Experiencias, desenvolvemos unha xornada na que compartimos o bo saber e facer de profesionais da educación en distintas áreas temáticas.

Montse Sancho, da Escola Infantil Municipal de Montealto na Coruña, mostrounos as aplicacións didácticas da robótica nas aulas de Infantil e a súa extrapolación a outras etapas. 

 Da man de Mónica Carneiro coñecemos e vivenciamos as bases da Disciplina Positiva e co equipo de Laura Adela e Diego Rúa utilizamos dun xeito práctico e dinámico a incorporación do traballo por competencias á programación de aula, a partir dunha actividade baseada na Realidade Aumentada.

Con Begoña Codesal elaboramos a nosa primeira fotografía inmersiva e reflectimos sobre as súas aplicacións na aula. 

O equipo de Argalla mostrounos os materiais que elaboran e a súa utilización nas distintas etapas educativas e  disfrutamos con Ana Rodríguez de Crecer creando das posibilidades dos xogos matemáticos que nos presentou.

Esta primeira xornada presencial foi especialmente emotiva para todos e todas as asistentes por ser a primeira vez que nos reencontrábamos de novo despois da pandemia e por coincidir co Día Mundial da Violencia Machista, conmemoración  e denuncia que tivemos presente durante todo o evento. 

Por protocolo COVID, tivemos que limitar o evento a 35 asistentes, polo que pedimos desculpas a todas as persoas as que non pudemos confirmar a asistencia.

Esperamos que podamos xuntarnos todos e todas o 24 de febreiro do 2022, data en que celebraremos o segundo Café Coloquio.