O xurado da convocatoria dos I Premios FEAE Galicia de Innovación Educativa, tras valorar as excelentes propostas enviadas, decidiu otorgar os seguintes premios:
MODALIDADE A: Para proxectos de centros educativos de Educación Infantil (0-6), CRA, Primaria, Secundaria, Formación Profesional e Centros de Educación Especial.
"Axenda 2030 : Construindo un novo mundo"proxecto presentado polo IES Universidade Laboral de Culleredo.
MODALIDADE B: Para proxectos de equipos de profesorado de centros educativos de Educación Infantil (0-6), CRA, Primaria, Secundaria, Formación Profesional e Centros de Educación Especial.
Historia dunha Viaxe proxecto coordinado por Judith Varela Quintela do CEIP Ponte dos Brozos en Arteixo.
MENCIÓN HONORÍFICA: ao proxecto "Artivistas" da Aula Hospitalaria do Hospital Materno Infantil Teresa Herrera da Coruña.
O acto de entrega dos Premios terá lugar o xoves 10 de xuño do 2021 no Salón de Plenos do Concello da Coruña as 18.30.