A situación de confinamento derivada da pandemia supuxo e supón un reto importante de adaptación da docencia.
Pasamos dunha docencia de “emerxencia”,á un novo curso no que estamos comenzando a planificar até chegar a unha desexable volta á normalidade onde as prácticas positivas de este período entren a formar parte da escola transformando a docencia.
Unha situación de incerteza onde invitamos á unha representación das asociacións do profesorado galego para debatir sobre metodoloxías que deben ser impulsadas e consolidadas na escola, conversar sobre a resposta á situación actual de cara o novo curso e perfilar os elementos clave para optimizar os distintos tipos de docencia: presencial, semipresencial e online.
Con este obxectivo, o 24 de setembro de 18:30 a 20:00, celebraremos unha mesa redonda virtual cos presidentes e presidenta de AGAPEMA (Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática), ENCIGA ( Ensinantes de Ciencias de Galicia) , FEAE Galicia, FEGADICEP (Federación Galega de Asociacións de Directivos de Colexios de Ensino Público) e Nova Escola Galega.
Para inscribirse na sesión só hai que preencher este formulario:
https://forms.gle/GJnuHYG44YF1Ek3QA
Uns días antes do evento enviarémosvos o link do chat .
Se queredes deixar alguha pregunta para enviarlle as asociacións, podedes fazelo nos comentarios de este post.