lunes, 3 de febrero de 2020

CAFÉ DE TRABALLO O 14 DE FEBREIRO

O venres 14 de febreiro, de 6'30 a 8'30, na facultade de ciencias da educación da universidade de Coruña celebraremos un work-café dinamizado por Ana Torres no que teremos ocasión de reflexionar e dialogar sobre a educación en valores, a igualdade, a convivencia e a colaboración da comunidade educativa na educación integral do alumnado.