Baixo o título de "Xestionar a incerteza. O papel das asociacións do profesorado en tempos de crise", tivo lugar o 24 de setembro unha mesa redonda on-line moderada por Susana Vázquez, vicepresidenta de FEAE Galicia Participaron Xulio Taboada, en representación de AGAPEMA; Francisco Lires, da Federación de asociacións de equipos directivos de primaria de Galicia; Pepe Ramos, de Nova Escola Galega; Paloma Blanco, de ENCIGA; e Juanjo Félez en representación de FEAE. Ante a imposibilidade de facer esta mesa redonda presencial, que era a intención inicial, os ponentes a través de video-conferencia deron a coñecer as súas asociacións, a maioría delas cunha longa traxectoria de traballo asociativo, resaltaron a importancia e os beneficios para o profesorado de estar asociados e deron a coñecer as súas actividades. A continuación centraron especialmente a súa exposición en reflexionar sobre a situación educativa que estamos vivindo a consecuencia da pandemia e plasmaron un panorama certero das propostas educativas que se deberían incluir para abordar con eficiencia e responsabilidade esta nova realidade educativa e social que estamos a vivir e que probablemente marcará o noso presente e futuro inmediato.