O 6 de novembro o ministerio de educación celebrou un foro de discusión cun panel de expertos de todo o estado español co título de "EDUCAR PARA EL SIGLO XXI. Desafíos y propuestas sobre la profesión docente".
Coa participación de figuras relevantes no ámbito educativo se formularon propostas sobre a formación inicial do profesorado, a selección do mesmo, as prácticas, o chamado MIR educativo e a formación permanente.
Tivemos a honra de que a nosa asociación, FEAE, fora invitada pola ministra para participar nese foro de debates, o que demostra que as nosas actuacións e opinións merecen a pena ser consideradas.
Por parte de FEAE participaron activamente no mesmo o seu presidente, Alfonso, e o vicepresidente, Emilio.
mércores, 7 de novembro de 2018
Xornada de traballo coa ministra de educación
novembro 07, 2018
feae