O pasado 28 de setembro, na facultade de ciencias da educación tivo lugar o primeiro café tertulia dos programados para este curso escolar.
Co título de "Experiencias didácticas colaborativas" tivemos ocasión de coñecer o traballo que realizan nos seus centros os ponentes que amablemente quiseron compartir esa tarde con nos.
José Viñas e Nachos Ruiz, do IES David Buján presentáronnos a experiencia "Abrindo as xanelas da aula".
Co título de "Realidade virtual e Storytelling" Begoña Codesal falounos do traballo que levan elaborando dende hai tempo no Ceip Ponte dos Brozos.
E Montse Sancho, da escola infantil de Montealto mostrounos a actividade "Espacios compartidos na tenda de Antón"
martes, 6 de novembro de 2018
Work-café sobre experiencias didácticas colaborativas
novembro 06, 2018